Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra As contadoras Vero Rilo e Carmen Conde únense este xoves 2 na...

As contadoras Vero Rilo e Carmen Conde únense este xoves 2 na nova acción de “Violencia Zero” en Ribadumia

- Anuncio -

Protagonizarán a peza “O verbo dos posibles”, dirixida ao alumnado de ESO do CPI Julia Becerra Malvar, na que exploran os camiños da narración oral desde unha perspectiva feminista

As contadoras Vero Rilo e Carmen Conde protagonizarán a nova acción do programa da Deputación de Pontevedra “Mulleres en acción. Violencia Zero” que se desenvolverá este xoves 2 de novembro en Ribadumia. Trátase dunha peza na que, baixo o título “O verbo dos posibles”, ambas artistas explorarán os camiños da narración oral desde unha perspectiva feminista. A actuación, á que asistirá a deputada provincial Isabel Couselo, terá lugar ás 14:00 horas no CPI Julia Becerra Malvar e irá precedida dun obradoiro con 22 alumnos de 4º da ESO.

“O verbo dos posibles” é, segundo as artistas, unha homenaxe aos contos e ao termo computus (do latín compŭtus, conta, que alude a unha narración breve). Esta palabra antiga refírese aos contos, ás contas e tamén ao cálculo dos ciclos no calendario. Deste xeito, nesta sesión as historias están vencelladas á multiplicación de bocas femininas que transmitiron unha narración ata convertela en tradición, así como tamén ao paso do tempo, “no que grazas ás recollidas e conservación de historias especialmente feitas por mulleres, grazas á autoría e o maxín, perpetuou a través das xeracións todos os cómputos”.

Carmen Conde é filóloga, dramaturga, guionista e contadora. Autora de relatos breves infantís e adultos e humorista, fundou Tarabela Creativa xunto a Diego Gallego, dende onde crean formatos escénicos e audiovisuais, como a mini serie web “Premios Darwin” e a serie dixital “Quéreme soar!”. Dende 2009 imparte obradoiros de relato breve, poesía, micorrelato e narración oral. Pola súa banda, Vero Rilo é narradora oral e educadora. Titulada como técnica superior en Integración Social e tamén en Educación Infantil, leva desde 2013 contando contos e historias para todos os públicos tras formarse con referentes da narración oral galega e internacional como Charo Pita, Tim Bowly, Quico Cadaval, Paula Carballeira, Rodorín, Pablo Albo ou Soledad Felloza.

O programa provincial “Mulleres en Acción. Violencia Zero” está a celebrar este ano a súa oitava edición baixo o lema “Artistas Aliadas. Mulleres Aliadas”. Programáronse 25 novas accións con 35 artistas que realizan performance, danza, música, teatro, murais, poesía e audiovisuais para concienciar á sociedade sobre as violencias machistas. Xa se celebraron en Pontevedra, Vigo, Barro, Arbo, As Neves, Cangas, A Cañiza, O Grove, Nigrán, Mos, Gondomar, Oia, Baiona, Cambados, Marín, Poio, Vilagarcía, Caldas e A Lama e, tras Ribadumia, o programa chegará a Tui e Forcarei.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas