Home Deputacións Deputación A Coruña As Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra lamentan que a Xunta perda...

As Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra lamentan que a Xunta perda a oportunidade dun Plan Coordinado de Rescate á Hostalaría de 140 millóns e aposte por destinar en solitario só 75 millóns para todos os sectores

- Anuncio -

Rexeitan a falta de vontade negociadora da Xunta, que vén defendendo o “modelo Valencia” dende o principio, non acepte agora reproducir a fórmula valenciana de xestión, canalizando as axudas a través dos concellos
As tres deputacións consideran “insuficiente” o esforzo económico da Xunta para unha liña de axudas que vai destinada a múltiples sectores e non só á hostalaría, como veu afirmando o Goberno galego. “Nin é plan nin é para a hostalaría”
Manteñen o seu compromiso de destinar cando menos o 1% dos seus orzamentos de 2021 a programas propios de axudas ou reactivación económica nas tres provincias
Menos fondos e máis destinatarios. A intransixencia da Xunta a que os concellos aporten parte dos fondos e xestionen as axudas fai que hoxe perdamos a oportunidade de articular un verdadeiro plan coordinado de rescate para a hostalaría de Galicia e saiamos cunha liña máis de axudas da Xunta cunha cantidade claramente insuficiente para atender aos múltiples sectores á que vai destinada. Perdemos un plan de 140 millóns para hostalaría e turismo e saímos con unha liña de axudas de 75 millóns para todos os sectores, que nin é plan nin é para a hostalaría.
Esta é valoración que as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra fan do resultado da reunión desta tarde, para intentar chegar a un consenso sobre un fondo común de axudas para o sector da hostalaría e o turismo, no que participarían Xunta, deputacións e concellos, e que rematou sen acordo ante a negativa da administración autonómica a debater sequera aceptar a proposta de que as axudas fosen xestionadas desde os concellos, a administración máis próxima á cidadanía.
As tres deputacións lamentaron que a Xunta, que vén defendendo o “modelo Valencia” desde o principio, non acepte agora a fórmula valenciana de xestión, que canaliza as axudas a través dos concellos, cunha acreditada capacidade de xestión xa que foron a primeira administración en dar resposta ante as graves consecuencias sociais e económicas provocadas pola pandemia da Covid-19.
Apuntan que en Galicia xa hai moitos concellos que non tiveron problema en dar axudas de forma inmediata porque habilitaron sistemas que eliminaban burocracia e tempo, para que dunha forma fácil e áxil os sectores máis afectados puideran ter os fondos. “Os datos son claros: os concellos veñen demostrando que son moito más áxiles, rápido e eficaces nos pagos de facturas que a propia administración autonómica”.
As tres deputacións incidiron en que a proposta do “1% hostaleiro” é un sistema “xusto e proporcional, igual para todos” e volveron a comprometerse hoxe a achegar o 1% dos seus orzamentos a un plan coordinado de rescate dun sector que atravesa unha situación crítica, aínda que a Xunta, cun orzamento 100 veces superior, só achegue o 0,6% (75 millóns de euros).
Pero o acordo non foi posible debido á negativa rotunda da Xunta a que as axudas sexan xestionadas polos concellos, como propuxeron as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra e a propia FEGAMP, que reprocharon á administración autonómica que non atendera as numerosas ofertas de colaboración enviadas ao presidente Feijoo desde o inicio da pandemia e pretenda agora “pechar un plan coordinado de rescate de 100 millóns en 48 horas, sen diálogo e cunha postura pechada de antemán”.
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira destacou que asistira á reunión “con espírito construtivo” e lamentou que non se “chegara a un acordo”. Pola súa banda, o voceiro do Goberno provincial coruñés, Bernardo Fernández criticou “a falta de vontade negociadora da Xunta, que acudiu á reunión coa única idea de impor o seu criterio”.
“Lamentamos que a Xunta prive ó sector dun verdadeiro e ambicioso fondo de rescate, de 140M€, tal e como propoñíamos, por non querer nin sequera falar da implicación dos concellos na distribución dos fondos”, afirmou a deputada de Turismo de Lugo, Pilar García Porto, que destacou tamén que “a Xunta apelou ao plan Valencia para a aportación dos recursos, iso si, sen contar para nada coas administracións implicadas, pero ese mesmo plan non lles vale como modelo para o reparto das axudas”.
A deputada lucense sostivo que “ a Xunta volve a demostrar que non conta para nada coa administración local, algo que vén facendo sobre todo dende o inicio da pandemia. Só conta cos concellos para impoñerlles cada vez máis competencias impropias, sen transferirlles os recursos. Todo o contrario, recórtallos”, sinalou denunciando “a total falta de lealdade e de respecto institucional desde un principio e ata a reunión de hoxe, na que nin quixeron escoitar a proposta que traíamos e, unilateralmente, decidiron levantarse da mesa”.
O deputado pontevedrés Carlos Font afirmou que “viñemos coa intención dun plan único de axuda aos sectores que sofren unha merma económica, unha proposta detallada, que é o Plan Valencia, un plan áxil, potente, absolutamente imbatible, legal e asumible. É dificil explicar o aceptar 75 millóns e non chegar a 140. Tócalle a Xunta explicar por que non quere o Plan Valencia que dixeron todo o tempo que era o idóneo”, apuntou.
Font considerou que “a Xunta entrou á reunión coa intención de romper, non quixeron escoitar” e sostivo que o principal problema é que “a Xunta non quere ceder fondos nin xestión aos concellos”. “Imos a manter o 1% e seguir plantexando cada día onde están os 224 millóns de euros de transferencias do Estado para caída de actividade económica”, concluíu.

As deputacións manteñen o seu 1% para plans propios de axudas
Aínda que a postura pechada da Xunta non permitiu crear un fondo común de rescate, as tres deputacións manteñen o seu compromiso de destinar o 1% comprometido dos seus orzamentos de 2021 a programas propios de axudas ou plans de reactivación económica nas tres provincias, que axuden a paliar os efectos sociais e económicos da pandemia entre os sectores máis afectados

Relacionadas

Visita ás obras de sondaxe para a captación de augas subterráneas en Caldeliñas, promovidas...

0
O presidente do Inorde e deputado provincial de Turismo, Rosendo Fernández, visitou hoxe a evolución da actuación incluída no Plan de Sustentabilidade Turística en...

A Deputación e o Catastro únense para ofrecer aos concellos da provincia ferramentas virtuais...

0
O presidente provincial, Luis Menor, o director de Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación, Marcos Valiño; e Javier García, delegado de Economía...

A Deputación impulsa o ciclismo de montaña coa IV “Xurés Bike Tour” que levará...

0
A proba, que reunirá a máis de 150 deportistas, celebrarase os días 15 e 16 de xuño en formato volta de dous días e...

A Deputación inviste 48.000 euros na mellora dos firmes nos accesos a Barracel e...

0
O presidente provincial, Luis Menor, visitou hoxe Barracel, acompañado pola alcaldesa deste municipio, Asunción Morgade, para comprobar in situ o avance destas obras que...

A Deputación mobiliza máis de 662.000 euros en cooperar cos concellos así como con...

0
A Xunta de Goberno vén de aprobar a ratificación da resolución do presidente para a reapertura da convocatoria do concurso para a concesión de...

A Deputación esgota en seis minutos as prazas da actividade de “Voando nas Rías...

0
A ruta impulsada da man de SEO/BirdLife celebrarase o 23 de xuño e permitirá observar aves na contorna da praia, entre os concellos do...

Publicacións Relacionadas