HomeDeputaciónsDeputación OurenseAs deputacións de Ourense e Pontevedra avanzan na colaboración para optar a...

As deputacións de Ourense e Pontevedra avanzan na colaboración para optar a fondos europeos en proxectos de eficiencia enerxética e de envellecemento saudable

- Anuncio -spot_img

O deputado ourensán de Medio Ambiente, José María Lago, e o deputado pontevedrés de Fondos Europeos, Javier Tourís, mantiveron unha reunión para valorar as liñas de colaboración que manteñen ambas institucións provincias

Entre outros temas tamén se exploraron novas vías de colaboración para vertebrar o territorio transfronteirizo de ámbalas dúas provincias, así como a dinamización do turismo sostible a través de iniciativas compartidas con outras deputacións provincias españolas

O deputado delegado de Medio Ambiente da Deputación de Ourense, José María Lago, e o deputado de Fondos Europeos da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, mantiveron esta mañá un encontro de traballo para valorar as liñas de colaboración que manteñen ambas institucións provinciais, no marco do compromiso de cooperación aberto o pasado mes de febreiro.

Na reunión, celebrada na sede da Deputación pontevedresa, abordáronse as solicitudes presentadas conxuntamente a fondos europeos para a execución de proxectos nos ámbitos da eficiencia enerxética e de envellecemento saudable, ademais de explorar novas vías de colaboración co obxectivo de vertebrar o territorio transfronteirizo de ámbalas dúas provincias, tanto na marxe do río Miño coma da Raia Seca.

Entre outros temas tamén se tratou a posibilidade de dar continuidade á dinamización do turismo sostible a través de iniciativas compartidas con outras deputacións provincias españolas.

Ademais dos deputados José María Lago e Javier Tourís, no encontro tamén participaron Susana Fernández, da Dirección de Proxectos Europeos; Marcos Areán, xefe de servizo de Cooperación; e José Antonio Piñeiro, da sección de Iniciativas Comunitarias.

Publicacións Relacionadas