Home Deputacións Deputación Pontevedra As escavacións de Santa Clara sacan á luz restos da Panda Oeste...

As escavacións de Santa Clara sacan á luz restos da Panda Oeste do Claustro de Santa Clara

- Anuncio -

Os traballos tamén revelaron a existencia de aperturas abucinadas, probablemente defensivas, no muro interno paralelo ao de Barcelos

Unha vez que este mes rematen as sondaxes pasarase á fase de análise, documentación e redacción de informes sobre os achados

As escavacións no convento de Santa Clara finalizarán este mes de setembro e, a pesares de estar a piques de rematar, seguen a sacar á luz novidades continuas sobre a construción. O vicepresidente César Mosquera explicou hoxe que os últimos achados veñen de revelar que o claustro, que a día de hoxe só conserva dúas pandas ou lados, tiña en orixe polo menos un máis na zona oeste que foi derrubado: baixo terra atopáronse pavimentos empedrados, e na zona exterior restos dun tellado que voaba sobre o xardín da fonte e tamén cicatrices do enlace coa edificación.

Coas descubertas resólvese un dos enigmas sobre a singularidade do claustro de Santa Clara, diferente aos doutras construcións relixiosas que –de maneira xenérica- pechaban con catro corredores de galerías unha zona central axardinada. Nas sondaxes, en calquera caso, non se encontraron evidencias de que o cuarto lateral fose construído, o que leva á equipa arqueolóxica a pensar que o claustro foi “o enésimo proxecto a medio finalizar” do convento. O seu deseño orixinal, así pois, sería en forma de U con dúas alas simétricas en dirección sur.

Por outra banda, Mosquera explicou que os estudos de paramentos revelaron que no muro interior paralelo ao de Barcelos -que separa a zona de vides e kiwi da parte exterior de arborado-, existen ‘ventanucos’ abucinados similares ás saeteras. Estes, sen poder determinar de momento se foron construídos pola orde das monxas ou anteriormente, tiñan moi probablemente un carácter defensivo, xa que a parte externa é estreita e a interna máis larga. As aperturas están a día de hoxe colmatadas e recheas de pedras.

Ata fin de mes a equipa arqueolóxica seguirá a traballar na construción, realizando principalmente traballos complementarios para identificar na totalidade restos xa identificados ou confirmar datos e teorías sobre algún elemento concreto. Unha vez a faena de campo remate nos vindeiros días intensificarase o labor de documentación e priorizarase a de análise e redacción de informes.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Publicacións Relacionadas