Home Deputacións Deputación Pontevedra As historias das monxas de Santa Clara, protagonistas da quinta charla do...

As historias das monxas de Santa Clara, protagonistas da quinta charla do ciclo de conferencias sobre o convento

- Anuncio -

O coordinador do estudo histórico sobre a orde en Pontevedra, quen sacou á luz a rebelión das clarisas fronte aos franciscanos no XVIII, expón mañá luns os resultados da súa investigación ata o momento

Mañá luns terá lugar a quinta das sete charlas do ciclo de conferencias sobre Santa Clara organizadas pola Deputación e o Museo de Pontevedra, e nesta ocasión o contido do relatorio será case como unha novela histórica: o coordinador do apartado histórico-artístico do estudo sobre o convento, Suso Vila, dará a coñecer os resultados da súa investigación e contará diferentes momentos clave da historia das monxas na cidade.

Baixo o título ‘Os papeis de Santa Clara’, Vila, doutor en Historia da Arte e responsable da recollida da documentación histórica e a análise bibliográfica dos volumes que existen sobre a orde das clarisas en Pontevedra, exporá multitude de anécdotas sobre todo o relacionado co convento. No seu informe recolleu unha das historias máis sonadas e divulgadas nas últimas semanas, descoñecida para a meirande parte dos pontevedreses: que as monxas se rebelaron contra os franciscanos no século XVIII pola tiranía e os abusos que sufrían, un asunto no que tivo que interceder o papa de aquel entón, quen apoiou ás clarisas, que -a pesares de estar en clausura- chegaran incluso a abandonar as instalacións onde vivían na cidade do Lérez para facer as súas reclamacións.

Vila tamén fará un percorrido polo protagonismo feminino en torno á orde, tanto dentro dos edificios da clausura, como fóra deles en toda a cidade de Pontevedra. En concreto, o historiador explicará como ao longo de máis de 700 anos de historia houbo personaxes destacables como a fundadora Leonor Rodríguez, da casa dos Mariño, enterrada na igrexa; Leonor de Montenegro, quen promocionou o retablo maior; ou Sor María de San Antonio, quen participa na construción da sillería do coro a comezos do século XVII.

A charla, que se desenvolverá na igrexa de Santa Clara, comezará ás 19.30 horas. Entrada libre ata completar capacidade.

Relacionadas

Aprobadas as subvencións nominativas para asociacións deportivas, culturais e deportistas, para o exercicio 2023

0
O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar na Sesión Plenaria deste pasado luns, a bolsa de subvencións nominativas para as distintas Asociacións...

Ponteareas presentou a súa Rede de Calor por Biomasa nunha xornada da Fundación Empresa...

0
Cristina Fernández foi convidada pola organización polo carácter pioneiro e innovador da Rede creada en Ponteareas A alcadesa de Ponteareas, Cristina Fernández, participou esta semana...

Redondela comeza o entroido o sábado coa primeira gran festa no Campo da Feira...

0
Redondela unha vez máis aposta por actividades para todaa a familiar. Dende os obradoiros para o más cativos e cativas ata o tributo a...

O Concello anima á veciñanza a “enredarse” co comercio local por San Valentín

0
O amor ten múltiples formas e se dalgo temos que estar namorados é do noso comercio local. Ese é o espírito da campaña de...

Aberto o prazo de inscrición na terceira edición das andainas medioambientais do Concello de...

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, informaron hoxe de que as persoas interesadas en participar...

O Concello de Ponteareas incrementa a súa colaboración coas comparsas para os tradicionais desfiles...

0
Terán lugar o domingo 19 ás 17.00 h e o martes 21 ás 19.00 h As asociacións ou colectivos interesados en participar poderán inscribirse dende...

Publicacións Relacionadas