HomeDeputaciónsDeputación PontevedraAs sedes da Deputación tíngunse de verde para conmemorar o Día Mundial...

As sedes da Deputación tíngunse de verde para conmemorar o Día Mundial contra o cancro

- Anuncio -spot_img

Tamén se iluminará da mesma cor a peza escultórica do Museo Provincial situada fronte ao “Edificio Castelao”

A institución únese á demanda da Asociación Española Contra o Cancro para visibilizar e difundir esta doenza e concienciar á sociedade, “máis se cabe nun ano tan difícil como este, pola especial incidencia que ten a covid19 na enfermidade”

A Deputación de Pontevedra sumarase este xoves á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro iluminando de verde as súas sedes en Pontevedra e Vigo, tanto o Pazo Provincial como o edificio do Casco Vello vigués, así como a peza escultórica do novo logotipo do Museo situada fronte ao “Edificio Castelao” da cidade do Lérez. Deste xeito a institución únese á demanda da Asociación Española Contra o Cancro para visibilizar e difundir esta doenza e concienciar á sociedade, “máis se cabe nun ano tan difícil como este, pola especial incidencia que ten a covid-19 na enfermidade”.

O Día Mundial Contra o Cancro celébrase cada ano o 4 de febreiro promovido pola Organización Mundial da Saúde, o Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro e a Unión Internacional contra o Cancro. O principal obxectivo desta efeméride, que este ano mantén o lema do ano pasado “Eu son e vou a”, consiste na mobilización social para avanzar cara a prevención, investigación e control desta doenza, facendo un chamamento á participación e compromiso de todas e de todos.

Cada ano diagnostícanse no mundo máis de 14 millóns de casos novos de cancro, unha enfermidade que provoca máis de 9,6 millóns de mortes ao ano. Segundo os últimos estudos prevese que un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres teña cancro nalgún momento da súa vida. A prevención é fundamental nesta doenza para poder incrementar as posibilidades de curación e mellorar a calidade de vida das persoas que a padecen.

Publicacións Relacionadas