HomeDeputaciónsDeputación OurenseAs Xornadas manteñen a súa presenza na provincia coa  exposición itinerante dos  carteis que...

As Xornadas manteñen a súa presenza na provincia coa  exposición itinerante dos  carteis que hoxe chega a Carballiño

- Anuncio -spot_img

Os carteis da historia dos corenta anos das Xornadas aterran en Carballiño tralo seu paso por Allariz, onde foron vistos por máis de medio millar de persoas

As Xornadas de Folclore, suspendidas polos incendios, manteñen a súa presenza na provincia ata finais de setembro con esta mostra itinerante con obras de Virxilio ou Vidal Souto 

O obradoiro de baile de Arxentina e Castro Floxo hoxe é a última actividade conxunta das agrupacións, xa que Xeorxia regresará esta noite ao seu país e mañá  Ucraína

A pesar da suspensión definitiva das Xornadas de Folclore, a pegada das mesmas aínda se poder ver na mostra itinerante dos 40 carteis creados, durante estas catro décadas, por artistas ourensáns tan recoñecidos como Virxilio, Vidal Souto ou Alexandro e por fotógrafos destacados como Balvís, Doniz Vaquero ou Jorge Martínez.

A casa do Concello do Carballiño é o espazo expositivo no que se poderán ver os carteis do festival das Xornadas de Folclore, que naceu no ano 1984, dende hoxe até o 1 de setembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas.

Esta actividade paralela programada pola organización chega á vila do Arenteiro despois de estar exposta, dende mediados de xullo até o 18 de agosto, no concello de Celanova e ata onte na casa de Cultura de Allariz, por onde pasaron arredor de medio millar de persoas. A exposición continuará o seu percorrido polas vilas de Ribadavia e Xinzo durante o mes de setembro.

Esta tarde, a última na que estarán presentes os preto de 200 participantes das Xornadas, terá lugar o obradoiro de danza de Arxentina e dos membros de Castro Floxo da Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense. Á noite a agrupación folclórica de Xeorxia regresará ao seu país, en autobús propio, e mañá marchará o grupo de Ucraína. O resto deixarán Ourense entre o mércores e o xoves para participar en outros festivais. 

As Xornadas están organizadas pola  Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións.

Exposición O Carballiño

Casa do Concello do Carballiño, Praza Maior, 1. Dende o luns 18 até o 1 de setembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas.

Publicacións Relacionadas