Esta iniciativa, en colaboración con Iberdrola, tivo lugar na subestación Sil, onde os efectivos do Parque de Bombeiros de San Cibrao das Viñas formáronse en protocolos de seguridade, medios de protección, riscos e outros asuntos de interese
Esta semana culminou un curso pioneiro de rescates en aeroxeradores ao que asistiron bombeiros da Deputación de Ourense e que se realizou en colaboración con Iberdrola. A parte teórica desenvolveuse o pasado 20 de marzo no Parque de Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas e a parte práctica tivera que ser aprazada por mor da meteoroloxía adversa naquel día.
Esta parte práctica tivo lugar no centro de prácticas da subestación Sil de Iberdrola, onde os bombeiros poideron acceder a un aeroxerador e revisaron os protocolos de rescate. Estas instalacións son pioneiras na formación para servicios de emerxencia con resposta en parques eólicos ante situacións de emerxencia. Así, os asistentes formáronse en protocolos de seguridade, medios de protección, riscos e outros asuntos de interese.
Tal e como avanza o xefe da Sección de Emerxencias da Deputación, José Ramón Sánchez Feijóo, se os resultados deste curso son valorados como satisfactorios, extenderáse a outros parques do Consorcio Provincial de Bombeiros.