HomeDeputaciónsDeputación OurenseCancelados todos espectáculos das Xornadas de Folclore ata o luns día 18

Cancelados todos espectáculos das Xornadas de Folclore ata o luns día 18

- Anuncio -spot_img

No contexto da situación actual de emerxencia na provincia polos incendios forestais, en coordinación cos concellos e baixo o principio de precaución e seguridade, a organización das Xornadas de Folclore vén de tomar a decisión de suspender todos os espectáculos programados ata o luns 18 incluído.

As actuacións suspendidas son as de hoxe no Carballiño ás 22.30 horas; as de mañá en Xinzo de Limia e Castro Caldelas; e a de Celanova do luns, que se suma á de Trives que xa fora anulada onte.

O resto de actuacións na provincia mantense polo de agora, pendentes da evolución dos lumes en Ourense para tomar as decisións máis axeitadas.

Publicacións Relacionadas