Home Deputacións Deputación Pontevedra Carmela Silva enxalza en Zaragoza a impotancia da comunicación, participación e implicación...

Carmela Silva enxalza en Zaragoza a impotancia da comunicación, participación e implicación da cidadanía no impulso do novo Modelo de Mobilidade

- Anuncio -

No VI Encontro de Cidades para a Seguridade Viaria e Mobilidade Sustentable a presidenta insistiu en que “as transformacións teñen que ir da man da sociedade

“Despois do traballo destes 6 anos non hai ninguén na provincia de Pontevedra que non teña claro que a nosa mobilidade é o modelo que hai que implantar”

“Cando comunicas ben es transparente, participas, sumas intelixencias e talentos e consegues que os proxectos sexan de todas e de todos, logras que as iniciativas que impulsas sexan asumidas e queridas polo conxunto da sociedade”, asegurou a presidenta da Deputación, Carmela Silva hoxe en Zaragoza no VI Encontro de Cidades para Seguridade Viaria e Mobilidade Sustentable. Nas xornadas, organizadas pola DGT, a FEMP e o concello de Zaragoza, a presidenta provincial participou na mesa de debate “O reto da comunicación na nova mobilidade urbana” xunto a Alfonso Gil, presidente da Comisión da FEMP de Transportes, Mobilidade Sostible e Seguridade Viaria e tenente de Alcalde de Bilbao, e Natalia Chueca, conselleira de Servizos Públicos e Mobilidade do Concello de Zaragoza.

A presidenta da Deputación aproveitou o encontro para explicar o proceso de transformación e o novo modelo de mobilidade, “centrado nas persoas e en converter ao espazo público nun espazo de convivencia”, que dende seis anos está a impulsar na provincia de Pontevedra. Carmela Silva explicou que “cando chegamos ao goberno impulsamos un cambio radical nas nosas estradas provinciais” e, neste proceso, “asumimos en primeiro lugar o coñecemento sobre mobilidade para ter claro o modelo, impulsamos una campaña moi potente de comunicación, contamos cos prescritores/as da sociedade para poder convencer á cidadanía e mantivemos unha relación directa de traballo conxunto con alcaldesas e alcaldes”. E, “despois do traballo destes seis anos –remarcou a presidenta- non hai ninguén na provincia de Pontevedra que non teña claro que a nosa mobilidade é o modelo que hai que implantar”.

Carmela Silva tamén subliñou no VI Encontro de Cidades para a Seguridade Viaria e Mobilidade Sustentable que “as persoas que nos dedicamos á política sabemos que o primeiro é o liderado e o convencemento, pero que tamén precisamos traballar colaborativamente e escoitar, porque a intelixencia está fóra dos despachos”. A presidenta incidiu na importancia de “liderar as transformacións tendo moi claro o que queremos, empregando todas as ferramentas ao noso alcance para facer chegar á sociedade os proxectos e conseguir que sexan parte da decisión porque, cando isto acontece, é máis facilitador”.

No que respecta á comunicación, a presidenta subliñou que “é sinónimo de transparencia e participación. Non é tan complicado, só hai que ser profundamente demócrata”. Explicou que “nós contamos a diario todo o que facemos porque é un dereito recollido na Constitución e na Lei de Transparencia” e, amais, “non podemos esquecer que os gobernos representan á xente e a xente ten que formar parte do que estás facendo”. Para conseguilo, a presidenta destacou que “nada mellor que as vivencias. A xente é moi intelixente e asume moi ben os cambios que melloran a súa calidade de vida. Non hai mellor elemento de comunicación que ensinar o antes e o despois, porque isto é o que anima á xente a seguir o noso modelo de mobilidade. Cando a xente comparte e entende o modelo, ve como as nenas e os nenos volven xogar na cidade libremente e as persoas son felices ocupando o espazo público, convértese no seu modelo, deféndeo, asúmeo, enténdeo e faino seu. Este é o éxito á hora de implantar un proxecto”.

Pola súa banda Alfonso Gil, tenente de Alcalde de Bilbao, insistiu tamén na importancia da comunicación e remarcou a necesidade de “falar para a xente, de empregar linguaxes sinxelos e dar respostas aos problemas cotiás da cidadanía”. Gil subliñou que no ámbito da mobilidade “transmitir adecuadamente o novo modelo permitirá que gañemos todas e todos” e reivindicou a importancia da escoita activa pero tamén da “política valente de decisións”. Tamén na escoita activa insistiu Natalia Chueca, conselleira de Servizos Públicos de Zaragoza, afondando na necesidade de “coñecer a opinión da cidadanía e trasladar as mensaxes comunicativas adaptándoas aos diferentes segmentos da poboación”. Neste eido, a conselleira engadiu que “os plans de comunicación teñen que ser continuos e segementados” e apostou por lanzar “campañas experienciais, participativas, eficaces e transformadoras” que axuden a rachar “coa saturación comunicativa”.

Relacionadas

A Deputación leva ata A Estrada o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 18 de abril, ás 19:00 horas, no Museo do Moble e a Madeira...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, xunto coa deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial...

Cannabis e cocaína, as substancias máis consumidas das persoas usuarias da Asociación Érguete en...

0
A maioría das persoas que accederon a entidade a través do seu Servizo Xurídico comezaron a consumir entre os 15 e 18 anos Unha das...

Zafarrancho de limpeza nas rúas Antón Vilar Ponte e Altamira

0
A Concellaría de limpeza viaria dirixida por Xaquín Moreda realiza esta semana un zafarrancho de limpeza nas  rúas Antón Vilar Ponte e Altamira.   Como vén...

O Concello de Nigrán inaugura o muíño de Porto do Molle este sábado con...

0
A festa, aberta a toda a veciñanza, terá lugar a partir das 11:30 horas coa presenza das 'Pandereteiras do Sobreiro', a proxección da curta...

O Concello de Redondela mantense firme na necesidade de recuperar o cargadoiro Coto Wagner

0
-A alcaldesa de Redondela e o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo mantiveron esta mañá a primeira reunión oficial dende o relevo de...

Publicacións Relacionadas