Home O Salnés Cambados Carmela Silva reivindica no encontro Foromar de Cambados a importancia das mulleres...

Carmela Silva reivindica no encontro Foromar de Cambados a importancia das mulleres para garantir o futuro do mar

- Anuncio -

A presidenta da Deputación sumouse á reclamación de modificar o coeficiente redutor das mariscadoras. “Apoio taxativamente, contundentemente, con paixón e convicción que hai que dar cumprida resposta a esta demanda que non pode ser máis xusta”

“Hai moitos desafíos de futuro no mar pero non se pode mirar cara adiante sen contar con nós, coas mulleres. Así o asegurou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva na súa intervención no I FOROMAR organizado por UPTA, AGTAMAR e o concello de Cambados. A presidenta provincial, na mesa que compartiu co presidente de UPTA España, Eduardo Abad, e a alcaldesa de Cambados. Fátima Abal, aproveitou a ocasión para enxalzar a importancia económica do sector do mar e centrou a súa conferencia na importancia da sustentabilidade, nos dereitos das súas traballadoras e dos traballadores e, “por suposto”, na igualdade.

“O mar trátase dun sector fundamental para a economía galega e provincial” afirmou Carmela Silva, e “ten un inmenso futuro e con moitas potencialidades pero tamén moitas cuestións e desafíos dos que debemos estar moi pendentes para poder seguir garantíndoo”. Ao respecto a presidenta, que recordou datos económicos como que dá traballo directo e indirecto a máis de 100.000 persoas, o peso que ten en Galicia e o máis do millar de empresas que supoñen o 6% das galegas e son, na súa grande maioría pemes, subliñou a necesidade de garantir a súa sustentabilidade apelando aos ODS 13 e 14 da Axenda 2030 da ONU.

Carmela Silva alertou dos riscos actuais. “Necesitamos loitar contra a contaminación e acidificación dos océanos. Debemos actuar de xeito inmediato, xestionando coidadosamente e protexendo os nosos océanos para garantir un futuro sostible para todas e para todos, traballemos ou non no mar xa que, cando falamos do mar, de todo o vinculado con este gran elemento de vida, falamos de algo imprescindible para a humanidade”. Neste eido a presidenta chamou a apostar pola transición verde, polo crecemento sostible e inclusivo, pola economía verde e azul e por impulsar a cooperación internacional, reducindo a contaminación mariña, os vertidos incontrolables e a sobrepesca e impulsando a pesca, portos e turismo sostibles.

A presidenta da Deputación ten claro que a sustentabilidade “non vai ser posible se as mulleres, que sempre foron as súas garantes, non están na toma de decisións”. Neste sentido, puxo de manifesto datos que cualificou de “alarmantes”. “Pese a que as mulleres son a aplastante maioría de persoas que traballan en determinados ámbitos do mar, as desigualdades están á orde do día: soamente ocupamos o 23% dos postos en órganos directivos, somos só o 16% no comité executivo da Federación Galega de Confrarías e unicamente 6 mulleres son patroas maiores”. Así, e amais de reclamar unha maior participación das mulleres nos postos de decisión, tamén reivindicou a xubilación anticipada para as redeiras, “ás únicas traballadoras do mar que non desfrutan dela”, puxo o aceno na problemática da economía mergullada, e reclamou a modificación do réxime especial de traballadoras/os do mar para que se lles recoñezan doenzas como enfermidades profesionais”. Finalmente amosou o seu orgullo polo traballo das mulleres do mar que “están a conseguir moitas cousas, levantando a voz, presionando como verdadeiras guerreiras que loitan, que fan un esforzo para que se recoñezan dereitos que se naceran homes terían xa recoñecidos”.

Carmela Silva rematou a súa intervención poñendo en valor “todo o que lle debemos ás persoas que traballan no mar, dende a ciencia e investigación, ata cada un dos traballos de extracción, comercialización e conserva. Somos o que elas e eles fixeron ao longo da historia, tanto para custodiar o mar como para construír riqueza, empresas, actividade económica e crear emprego”. Por iso, e xa de cara ao futuro próximo, a presidenta da Deputación reclamou a necesidade de “aproveitar os fondos Next Generation para pedir que os recursos cheguen ao sector do mar e particularmente ás pequenas e medianas empresas e persoas autónomas”.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas