Home Terra de Celanova Cartelle Cartelle organiza co apoio da Deputación o II Maratón de Fútbol Sala...

Cartelle organiza co apoio da Deputación o II Maratón de Fútbol Sala Feminino

- Anuncio -

Na presentación do evento, Manuel Baltar enmarcou esta maratón “na aposta que desde os últimos anos estamos a facer desde o goberno provincial polo deporte feminino”

O alcalde Jaime Sousa agradeceu o apoio da Deputación para unha competición “que ten a súa razón de ser no Cartelle Fútbol Sala Feminino”

Un total de 24 equipos de Galicia, Cataluña, Andalucía, Castela e León e Portugal xogarán do 8 ao 10 de xullo unha competición dotada con 6.000 euros para o primeiro clasificado. Dende a organización explican que este torneo é o máis importante do mundo deste deporte en dotación económica

O pavillón de deportes Piño Vilachá, de Outomuro, en Cartelle, acollerá do 8 ao 10 de xullo o II Maratón de Fútbol Sala Feminino. A cita deportiva foi presentada esta mañá no Pazo Provincial polo presidente da Deputación, Manuel Baltar; o alcalde de Cartelle, Jaime Sousa; e o responsable de Taffa Sport, José Ángel Baliñas, entidade organizadora do evento xunto co Concello e o apoio da institución provincial. Na presentación deste torneo, segundo a organización o máis importante en premios do mundo neste deporte cunha dotación de 6.000 euros para o equipo campión, tamén estiveron as xogadoras do Cartelle FS Silvia Bardanca, Ariadna Feijóo e Alba Losada.

Manuel Baltar enmarcou este maratón “na aposta que desde os últimos anos estamos a facer desde o goberno provincial polo deporte feminino”, como a Copa da Súa Maxestade a Raíña de Fútbol Sala que se disputará no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense do 6 ao 8 de maio. Agora, dixo, “tamén podemos comprobar a capacidade organizativa do Concello, ao que desexo que converta o torneo nunha cita imprescindible e atractiva, non só pola contía económica do premio, senón tamén pola calidade dos equipos”

Jaime Sousa agradeceu o apoio da Deputación para celebrar unha maratón “que ten a súa razón de ser no Cartelle Fútbol Sala Feminino, unha afección que xa o pasado ano nos motivou para organizar o primeiro torneo internacional desta categoría”.

“Van ser case 24 horas ininterrompidas de competición”, dixo José Ángel Baliñas antes de explicar os detalles dun torneo que cun máximo de 24 equipos xa conta con 21 inscricións, destacando 11 equipos de Portugal e conxuntos procedentes das comunidades de Cataluña, Andalucía e Castela e León, ademais de Galicia. A organización espera reunir a máis de 300 xogadoras, que disporán de toda a loxística necesaria grazas ás instalacións de acampada do Mundil.

A competición organizarase en 8 grupos de tres equipos cada un, dos que os dous primeiros pasarán ás seguintes fases, estando previsto que se dispute a final o domingo 10 de xullo ás seis da tarde. Tamén xogarase unha fase de consolación. O equipo campión obterá un premio de 6.000 euros, 1.000 o segundo clasificado e 500 o terceiro.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas