test
Home Deputacións Deputación Ourense Comeza o Camiño Mozárabe-Vía da Prata, cun percorrido de cinco etapas durante...

Comeza o Camiño Mozárabe-Vía da Prata, cun percorrido de cinco etapas durante os domingos, que impulsa a Deputación

- Anuncio -

Un total de 41 peregrinos partiron esta mañá da Ponte Romana cara Cea, primeira etapa de 22 quilómetros, aos que o presidente provincial, Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, desexoulles un bo camiño e sinalou que “estamos ante unha acción que sen dúbida vai ter continuidade, pois está prantexada para facilitar á xente que poidan facer o noso Camiño Mozárabe-Vía da Prata dun xeito cómodo e atractivo”

Un total de 41 peregrinos e peregrinas iniciaron esta mañá o seu particular Xacobeo, que os levará polo Camiño Mozárabe-Vía da Prata durante 5 domingos ata conseguir finalmente a súa “Compostela” o vindeiro 23 de xuño. Esta iniciativa, promovida pola Deputación a través do Inorde, xa se iniciou en Semana Santa e continuará de xeito periódico, anunciaba o presidente provincial, Luis Menor, logo de constatar a boa acollida desta proposta. “Estamos ante unha acción que sen dúbida vai ter continuidade, pois está prantexada para facilitar á xente que poida facer o noso Camiño Mozárabe-Vía da Prata dun xeito cómodo e atractivo”, dixo. De feito, para o mes de setembro xa está planificada unha iniciativa idéntica para facer o Camiño do 15 de setembro ao 13 de outubro.
Tanto Menor como o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, asistiron hoxe a saída desta primeira etapa que ten o seu remate en Cea (con visita a Oseira incluída) logo de 22 quilómetros. Ao remate da mesma, un autobús devolverá aos peregrinos a Ourense. Do mesmo xeito, os vindeiros domingos, o autobús recollerá aos participantes en Ourense, levaraos ao inicio das correspondentes etapas, e ao finalizar, fará o recorrido de volta á cidade. Ademais, un guía explicará aos peregrinos os monumentos e lugares de interese polos que descorrerán as etapas.
O vindeiro domingo, 2 de xuño, será o traxecto Cea-Dozón- Puxallos, un percorrido de aproximadamente 22 km. A terceira etapa será o 9 de xuño e levará aos peregrinos desde Puxallos a Silleda (22km); no cuarto domingo, 16 de xuño, terá lugar a cuarta etapa que vai de Silleda a Vedra-Susana, sendo un percorrido de 23 ou de 30 km. E, por último, o 23 de xuño peregrinarán a quinta etapa de Susana a Santiago de Compostela, o tramo máis curto, de 10 km aproximadamente.
Abertas as inscricións
Ademais, contarán ao longo desta experiencia cun autobús de apoio a media etapa e cun guía especializado que lles axudará a descubrir o patrimonio cultural e natural da provincia a través da Vía da Prata. Os interesados en realizar o Camiño poden inscribirse a través da páxina web www.conocegalicia.es por un prezo de 49 euros.
Como novidade tamén se pode realizar a inscrición por etapas, por un prezo de 15 euros. Xa está dispoñible a posibilidade de realizalo ao completo ou por etapas no mes de setembro, concretamente, do 15 de setembro ao 13 de outubro. En todo caso, as inscricións están abertas para que a xente poida organizarse e anotarse con tempo segundo a súa dispoñibilidade.

Relacionadas

Luis López destaca a importancia de produtos innovadores como Tintilán, o bus turístico do...

0
O presidente provincial participa en Sanxenxo xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación dun proxecto piloto que se estreará este verán na...

Luis López adianta ao alcalde da Cañiza unha axuda de case 100.000 euros para...

0
O presidente provincial informou ao rexedor Luis Antonio Gómez Piña de investimentos por valor de máis de 1,3 millóns de euros ao abeiro de...

Rafa Domínguez presenta “Xulio Gil. Insercións” e remarca a calidade e beleza das pezas...

0
O vicepresidente provincial subliñou que “esta nova publicación contribuirá a completar o amplo catálogo do servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra” Participaron no acto...

A Deputación inaugura na Biblioteca municipal de Dozón a exposición “Achegas das mulleres á...

0
A mostra, enmarcada nun proxecto conxunto co Campus do Mar da Universidade de Vigo, pon en valor o papel das mulleres no uso responsable...

Luis Menor ponse a disposición da militancia para ofrecer a Ourense un proxecto de...

0
·        Para un labor máis eficiente dos representantes públicos en calquera área, pero cunha especial atención ao mundo local, propuxo recuperar o gabinete de asesoría...

O Concello celebra a proposta do COE de que a ourensá Támara Echegoyen sexa...

0
O alcalde Gonzalo Pérez Jácome asegura que “é un orgullo e unha inmensa ledicia” para Ourense, e destaca a figura da regatista, campioa olímpica,...

Publicacións Relacionadas