Home Deputacións Deputación Ourense Concello, Deputación e centro asociado da UNED avanzan no traslado da institución...

Concello, Deputación e centro asociado da UNED avanzan no traslado da institución formativa á antiga prisión provincial

- Anuncio -

A xunta reitora do Consorcio do centro ourensán, na que participan as tres entidades, aprobou por unanimidade a proposta do Concello, que se materializará na sinatura dun protocolo de colaboración

Concello de Ourense, Deputación Provincial e o centro asociado da UNED en Ourense avanzan no traslado do centro educativo ao edificio da antiga prisión provincial da rúa Progreso. O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea, participou esta tarde na reunión da xunta reitora do Consorcio do Centro Asociado á UNED en Ourense que se celebrou na Sala de xuntas do Pazo Provincial, na que se deu conta da proposta realizada polo Concello para que o centro ourensán, actualmente nos baixos das torres do Pino, na estrada de Vigo, se traslade ao edificio da antiga prisión provincial, no número 45 da rúa Progreso, do que o Concello de Ourense é titular.

A xunta reitora, na que participan as tres entidades, deu o visto bo á proposta, que se plasmará nun protocolo de colaboración entre as tres entidades para levar a cabo o proxecto. “O máis importante é que temos un acordo para o traslado, que conta co apoio unánime de Concello, Deputación e a UNED, cun texto que debe ser pulido en detalles pero que en esencia supón unha declaración de intencións de todas as partes para que poida levarse a cabo”, explicou o tenente de alcalde ao remate da sesión.

O edificio da rúa do Progreso é un inmoble cunha superficie útil de máis de 2.000 metros cadrados, cuxo estado de conservación fai necesaria unha rehabilitación integral. O Concello ten previsto solicitar unha subvención para esta intervención con cargo ao Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos da Administración Local (PIREP).

De acordo co borrador de protocolo de colaboración do que se deu conta esta tarde o Concello licitará o proxecto básico e de execución das actuacións. O importe da redacción de proxectos técnicos e da execución das obras, descontando as axudas recibidas, repartirase equitativamente entre as 3 partes actuantes.

O Concello comprométese a ceder o uso do edificio e a súa parcela á UNED durante o tempo que dure o uso docente previsto.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas