HomeDeputaciónsDeputación OurenseConcello e Deputación fomentan a lectura na mocidade coa actividade “Tertulias Literarias”

Concello e Deputación fomentan a lectura na mocidade coa actividade “Tertulias Literarias”

- Anuncio -spot_img

A concelleira de Educación e o vicepresidente segundo da Deputación, presentaron o ciclo, no que participarán máis de 300 estudantes

A Concellería de Educación do Concello de Ourense e a Deputación Provincial de Ourense fomentarán a lectura entre a mocidade cunha nova edición da actividade “Tertulias Literarias”.

A concelleira de Educación, Tamara Silva, e o vicepresidente segundo e deputado de Cultura da Deputación, César Fernández, presentaron esta mañá este ciclo de encontros, que contará coa participación de 313 alumnas e alumnos e 32 docentes de centros educativos da cidade e da provincia.

A primeira fase da actividade serán as tertulias en galego, que se levarán a cabo os días 31 de marzo, 2 e 3 de abril ás 16.30 horas na sala de tertulias do Liceo de Ourense. Estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato terán a oportunidade de intercambiar impresións, experiencias e ideas en torno ao libro Indolente, de Alberto Mancebo, e reflexionar acerca da lectura en xeral. A sesión do día 3, ás 18.00 horas contará coa asistencia do propio autor, neste caso no Salón Nobre do Liceo.

No mes de maio desenvolverase a segunda fase da actividade, coas tertulias en castelán.

Publicacións Relacionadas