Home Deputacións Deputación Ourense Deputación e Pereiro de Aguiar conmemoran o 250º aniversario do nacemento de...

Deputación e Pereiro de Aguiar conmemoran o 250º aniversario do nacemento de Cachamuíña

- Anuncio -

Manuel Baltar e Luis Menor presentaron o avance de actividades que se desenvolverán ao logo do ano para honrar a memoria deste histórico persoeiro de Pereiro de Aguiar, figura clave na Reconquista de Vigo

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, presentaron hoxe o cartel e o avance de actividades conmemorativas do 250º aniversario do nacemento de Bernardo González del Valle, o coronel Cachamuíña, figura clave na Reconquista de Vigo en 1809, durante a Guerra da Independencia Española. Nado en 1771 no pobo que lle da o seu alcume e falecido no mesmo lugar en 1848, Cachamuíña é un dos fillos ilustres do municipio de Pereiro de Aguiar, xunto co Padre Feijoo e Ben Cho Shey.

Ao cumprirse en 2021 a efeméride do seu nacemento, a Deputación de Ourense e o Concello de Pereiro de Aguiar colaboran para programar unha serie de actividades que arrancarán o vindeiro martes, 23 de marzo, na casa natal de Cachamuíña, onde se descubrirá unha placa conmemorativa e se darán a coñecer as actividades: roteiros teatralizados, conferencias e visitas a lugares de interese, que terán lugar ao longo do ano.

“Pór en valor ao coronel Cachamuíña é destacar unha parte importante da historia de Ourense e a un persoeiro que foi clave para o devir dunha cidade como Vigo e, por extensión, de toda Galicia”, afirma Manuel Baltar. Na mesma liña, Luis Menor destaca “o orgullo de ter no noso concello a un fillo tan ilustre, que merece todo o noso recoñecemento pola pegada que deixou na historia”.

Relacionadas

A deputada Isabel Couselo supervisa en Portas as obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que...

0
Na súa visita percorreu xunto co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a executar as obras de renovación de...

A Deputación de Pontevedra aconsella tratar as camelias ante os pulgóns e o ácaro...

0
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro recomenda manter a vixilancia ante o mildio nas viñas, así como revisar os buxos por se se precisa tratar...

Luis López anuncia a aprobación do novo Plan Director de Sobroso, con 1,5 millóns...

0
O proxecto recolle actuacións en materia de accesibilidade, iluminación, novos equipamentos ou deseño de actividades complementarias, entre outras A Xunta de Goberno da Deputación aprobou...

A Deputación aproba unha achega por valor de 70.000 euros para realizar melloras no...

0
O presidente Luis López avanza que a actuación será financiada integramente pola institución provincial xa que aos 70.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas...

A Deputación adxudica as obras de substitución da cuberta de varios edificios de Príncipe...

0
Con esta actuación resolveranse os problemas de filtracións de auga e humidades no edificio Agarimo e no almacén xeral do recinto A Xunta de Goberno...

Luis López anuncia a posta en marcha do novo programa “Pontevedra, provincia +inclusiva”, dotado...

0
As entidades sociais poderán recibir ata 10.000 euros da Deputación de Pontevedra para promover actuacións que promovan a seguridade e a autonomía das persoas O...

Publicacións Relacionadas