A Deputación de Lugo presenta na poxa de Pedrafita 5 xovencas da Granxa Gayoso Castro

Redacción
Lectura mínima de 1

– O Deputado de Medio Ambiente asistiu ao mediodía á cita, na que os animais das instalacións provinciais se venderon a un prezo medio de 3.460€

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, asistiu este xoves á poxa de xovencas celebrada no recinto feiral de Pedrafita do Cebreiro, á que a Deputación de Lugo presentou 5 animais do centro de recría da Granxa Gayoso Castro. As reses de raza autóctona das instalacións provinciais vendéronse a un prezo medio de 3.460€.

Xunto ao Deputado, acudiu o presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA), César Dorado Pin, e outras autoridades.

A Granxa Gayoso Castro é un referente da actividade agrogandeira na provincia de Lugo a través da formación e a investigación que impulsa a Deputación de Lugo da man da Universidade de Santiago de Compostela (USC). As instalacións provinciais, situadas en Castro de Rei, acollen unha importante labor de apoio á recría de Rubia Galega en colaboración con ACRUGA e co primeiro centro de iniciativa pública creado en España para a recría de gando vacún de leite.

Comparte este artigo