Home Lugo A Mariña Central Burela acollerá mañá a final da Supercopa de Fútbol Sala Feminino, coa...

Burela acollerá mañá a final da Supercopa de Fútbol Sala Feminino, coa colaboración da Vicepresidencia

- Anuncio -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo patrocina a final da Supercopa de Fútbol Sala feminino que se disputará este sábado ás 12.00 horas en Burela entre o equipo local, o Pescados Rubén Burela FS, e o Poio Pescamar. O deputado de Deportes, Efrén Castro, participou esta mañá na presentación oficial do encontro no Concello de Burela xunto ao alcalde Alfredo Llano e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol Pablo Prieto.

“Desde a Vicepresidencia da Deputación apoiamos desde o primeiro momento a proposta do Burela FS de organizar a final da Supercopa polo que ten de recoñecemento ao traballo do club e sobre todo ao deporte feminino”, explicou o deputado de Deportes, que loubou a exitosa traxectoria das xogadoras laranxas e a aposta do club mariñao pola profesionalización do equipo feminino cun convenio colectivo pioneiro no deporte estatal.

Efrén Castro tamén sinalou o potencial que este tipo de eventos teñen de cara “a promoción económica e turística de Burela e da Mariña pola atención mediática que reciben ”.

No acto tamén participaron o presidente do Burela FS Manolo Blanco, o concelleiro de Deportes de Burela Ramiro Rey, o concelleiro do BNG Mario Pillado e o delegado de Deportes da Xunta de Galiza Manuel Otero.

A Real Federación Española de Fútbol comunicou hoxe que mañá ás 9.00 horas se porán á venda 200 entradas para o encontro, que poderá seguirse en directo a través da canle pública Teledeporte (12.00 horas)

A área de Deportes achega 10.000 euros á organización da final en Burela a través dun contrato de patrocinio coa Real Federación Española de Fútbol. Será a cuarta ocasión na que o pavillón de Vista Alegre sexa escenario dunha final estatal, despois de acoller nos últimos anos tres finais da Copa de España e da Copa da Raíña.

O Burela FS opta a revalidar a Supercopa e pechar a temporada 2019-2020 cos tres títulos estatais xa que as guerreiras laranxas contan xa cos de Liga e Copa. Precisamente, a final reedita o encontro que Burela FS e Poio Pescamar xogaron o pasado 20 de decembro pola Copa da Raíña. De gañar, as burelás sumarían a terceira Supercopa ao seu palmarés.

Relacionadas

Luis Menor reúnese coa directiva do Ourense CF para escoitar as necesidades do clube...

0
O presidente da Deputación puxo en valor a celebración da Copa do Rei en Ourense cun resultado que permitiu ao equipo ourensán chegar a...

Luis Menor, como presidente da Rede de Vilas Termais da FEMP, celebra o interese...

0
O presidente Deputación de Ourense deu conta pola súa banda dos avances no “programa de respiro” para persoas maiores que sufriron as consecuencias da...

O presidente da Deputación deplazouse a Ribeira para dar a coñecer o plan de...

0
Hoxe tivo lugar a visita do presidente da Deputación, Valentín González ao Concello de Ribeira o presidente puxo en valor o Plan de Obras...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á inauguración do Congreso Internacional JAI’2025 da Universidade de...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este luns á inauguración do Congreso Internacional JAI’2025, as X Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións...

A Deputación convoca as axudas para que as entidades sen fins de lucro realicen...

0
A liña está dotada de 500.000 euros, 30.000 euros máis que na anterior convocatoria, cos que se financiarán proxectos que beneficien a persoas de...

A Deputación aproba as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a agrupacións...

0
Tamén foron aprobadas na mesma sesión as bases reguladoras do concurso público para a concesión de subvencións para gastos de funcionamento das federacións ou...

Publicacións Relacionadas