Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación chega a FITUR con "Love Rías Baixas, unha historia de...

A Deputación chega a FITUR con “Love Rías Baixas, unha historia de amor coa provincia de Pontevedra”

- Anuncio -

O stand de TURESPAÑA será o escenario da presentación da campaña “máis emocional, diferente e rompedora destes anos” á que asistirá a Ministra de Turismo, o Secretario de Estado e o Director da Feira

Carmela Silva: “Imos a FITUR a tope, con paixón, a defender o noso destino, a traballar, a preocuparnos do sector turístico, imos a por todas, a contar unha historia de amor coa provincia de Pontevedra, a provincia inabarcable”

A presidenta recollerá o Premio ao Mellor Destino de Calidade Turística de toda España, protagonizará a adhesión da provincia á Spain Film Comission, asinará un convenio de promoción con Renfe e recibirá a Q de Calidade para o Castelo de Soutomaior

“Love Rías Baixas, unha historia de amor coa provincia de Pontevedra”. Con este lema “apaixonante e emocional”, reinventando a icona turística recoñecida en todo o mundo do corazón, “I love”, pero coas cores que identifican os nosos valores e o noso potencial, a Deputación de Pontevedra desembarcará o vindeiro xoves na Feira Internacional de Turismo, FITUR. A presidenta Carmela Silva asegurou que “imos a Fitur “a tope, con paixón, a defender o noso destino, a traballar, a preocuparnos do sector turístico desta provincia que permite que teñamos os mellores datos turísticos de Galicia. Imos a por todas, a contar unha historia de amor coa provincia de Pontevedra, a provincia inabarcable”.

O novo audiovisual de Rías Baixas e a campaña de promoción será tan “rompedora, vangardista, dinámica, emocionante e diferente como a nosa presentación”, que terá lugar o xoves a partir das 4 da tarde no Auditorio do stand de TURESPAÑA á que asistirán a Ministra de Turismo, o Secretario de Estado e o Director de FITUR. O evento será retransmitido en streaming pola propia organización de TURESPAÑA, que tamén anunciou que difundirá a campaña de Pontevedra Provincia nas consejerías de Turismo no exterior, “un salto cualitativo moi relevante”, apuntou Carmela Silva, porque falamos de destinos internacionais como Abu Dhabi, Os Ánxeles, Berlín, Bélxica, Bos Aires, Cantón (China), Chicago, Cidade de México, Copenhague, Dublín, Estocolmo, A Haia, Helsinqui, Lisboa, Miami, Milán, Moscova, Bombai, Múnic, Nova York, Oslo, París, Pequín, Roma, Sao Paulo, Singapur, Tokio, Toronto, Varsovia, Viena, Zúric, Frankfurt e Londres

Aínda que non se descubriu integramente o vídeo que se estreará en FITUR, “Love Rías Baixas, unha historia de amor coa provincia de Pontevedra”, conta “dunha forma extraordinaria, chea de creatividade e talento, o relato de persoas que chegaron a Rías Baixas, se namoraron e decidiron quedarse. “¿Cantas veces visitamos un lugar e quixemos quedar nel?, preguntou Carmela Silva. Iso e o que conta esta campaña con protagonistas e historiais reais”. A presidenta avanzou que “mostramos un destino no que a paisaxe, o patrimonio, a cultura, a enogastronomía e o noso modo de vida namoran, un destino hospitalario e agarimoso, un novo destino vital, un destino planetario, un paraíso sin “peros” que, amais, reforza o sentimento de pertenza e orgullo da cidadanía desta provincia que namora”.

A presentación será conducida pola actriz Jazmín Abuín e nela participarán protagonistas do audiovisual, “no que temos postas moitas esperanzas. Non en vano levamos dous anos consecutivos conseguindo ser o mellor vídeo turístico do mundo entre centos de destinos e con 24 premios internacionais. Dise pronto pero é espectacular o que estamos a conseguir”

Unha intensísima Axenda en FITUR
“Temos dúbidas de que haxa algún outro destino cunha axenda tan relevante como levamos este ano á Feira”, apuntou a presidenta, que xa o mércores 19 protagonizará o acto formal de adhesión da recen creada oficina da Film Comission de Pontevedra Provincia, a primeira en Galicia, á Spain Film Comission. “Somos unha provincia de película e queremos estar no potente hub audiovisual de España”, dixo Carmela Silva, que tamén estará invitada na presentación da Valladolid Film Comission, un dos referentes no estado.

Tamén na tarde do mércores, a Deputación rubricará un importante convenio de promoción con RENFE para a difusión da campaña de Rías Baixas en estacións e liñas que conectan con Galicia, “e máis agora co AVE que supón a mobilización en tren de milleiros de persoas”

Xa o xoves, ás 11 da mañá, terá lugar un dos momentos máis relevantes da viaxe. A presidenta recollerá na XII edición dos Premios Nacionais SICTED o Premio a Pontevedra Provincia como o Mellor Destino de Calidade de toda España. “É un extraordinario recoñecemento que nos enche de orgullo porque somos o primeiro destino de España e o único de Galicia polo que témolo que valorar moito. Estamos tan acostumados a que Rías Baixas reciba premios que o consideramos algo normal e non o é. É algo excepcional”

Este Premio á Deputación unirase aos que recollerá pola noite na Gala de Entrega das Q de Calidade: o distintivo ao Castelo de Soutomaior, o primeiro a un espazo museístico en Galicia, a primeira Q para a oficina de Cuntis da Rede Info Rías Baixas, e a renovación do distintivo da oficina do Palacete das Mendoza, do Aeroporto de Vigo e do resto das oficinas da Rede en A Illa de Arousa, Caldas, Cangas-Casa da Bola, A Estrada, Armenteira en Meis, Baiona, Nigrán e Casal de Ferreirós en Poio.

A presidenta confirmou tamén a campaña de comunicación, deseñada especificamente para FITUR, que estará centrada no dixital e suporá o emprego das máis novas tecnoloxías. Entre outras novidades, captarase ás e aos profesionais así como ao público xeral que estea en IFEMA interactuando sobre FITUR, para que reciba automaticamente nas súas redes sociais no móbil o audiovisual e as creatividades da campaña de Pontevedra Provincia. A promoción estará tamén os días de Fitur nos principais medios provinciais, galegos e estatais.

Relacionadas

O BNG chama a parar o espolio e a depredación do modelo eólico da...

0
Bará chama a mobilizarse mañá, sábado 29, ás 12 h. diante do edificio administrativo da Xunta en Campolongo Nunha comparecencia de prensa, acompañado polo responsábel...

Baiona sóbese a bordo da transformación dixital para ofrecer unha experiencia turística cultural e...

0
O Concello de Baiona vai adherirse ao proxecto Exploraterra, que nace co obxectivo de promover e preservar o patrimonio cultural das grandes expedicións marítimas...

Concello e Policía Local elaboan un mapa de puntos negros para detectar e intervir...

0
Inclúe un documento que analiza a violencia sexual e a seguridade con perspectiva de xénero, localiza os espazos e zonas pouco iluminadas ou inseguras...

O goberno provincial garante a continuidade do Plan para recuperar xacementos Galaico-Romanos e anuncia...

0
O Pleno sumouse de forma unánime á  declaración de pesar da presidenta tralo “duro golpe” polo falecemento da ex-alcaldesa de O Porriño Eva García...

O concello de Bueu recibe o informe de accesibilidade sobe a Banda do Río...

0
• O Concello implementará melloras co fin de que o barrio e todos os espazos públicos sexan accesibles para toda a cidadanía Silvia Carballo, concelleira...

A Deputación aproba 1,6 millóns do Plan Concellos 22-23 que beneficiarán a once municipios...

0
O Goberno aprobou as primeiras oito achegas da Liña 3 de Emprego, que permitirán contratar a 126 persoas nos concellos de Arbo, Catoira, A...

Publicacións Relacionadas