HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López anima ao alumnado da provincia a levar á practica as...

Luis López anima ao alumnado da provincia a levar á practica as tarefas do calendario competencial da Deputación para construír unha sociedade máis xusta

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, compartiu esta mañá de luns co alumnado do CEIP As Covas, de Meaño, aos que lle presentou o calendario para o vindeiro curso

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, compartiu esta mañá de luns co alumnado de Educación Primaria do colexio As Covas de Meaño aos que lle presentou o calendario competencial da Deputación de Pontevedra para o vindeiro curso 2024-2025 co que o goberno provincial trata de inculcar valores positivos e hábitos de vida saudable entre a poboación máis nova da provincia.

O calendario, elaborado polo departamento de Xuventude da Deputación de Pontevedra, comeza no vindeiro mes de setembro e en cada un dos días do curso inclúe tarefas e consellos para que a mocidade poña en práctica tanto nos centros educativos como no seu fogar. Son deberes variados que van desde axudar nos labores do fogar ata consellos para levar unha alimentación sa ou mesmo a realización de podcasts ou traballos de investigación para erradicar a violencia de xénero, entre outros moitos e variados asuntos.

Con todo, o presidente Luis López, que estivo acompañado polo deputado Javier Tourís, desexou á rapazada, que está a piques de rematar o curso, que desfruten ao máximo do verán, que gocen de experiencias 100 % Rías Baixas e que volvan ao traballo o vindeiro mes de setembro con forzas renovadas para seguir transformando o mundo.

Publicacións Relacionadas