HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López asina co alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, o...

Luis López asina co alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, o convenio para investir preto de 300.000 euros na mellora da contorna do Campo da Feira de Moscoso

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial salienta o compromiso da Deputación para cooperar cos concellos na execución de proxectos estratéxicos que modernizan o espazo urbano

A colaboración prevista para este ano do organismo provincial co Concello de Pazos de Borbén a través dos plans de Cooperación é de preto de 1,1 millóns de euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de asinar o convenio de colaboración co alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, para o financiamento do proxecto de mellora da contorna do Campo da Feira de Moscoso. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Otero selaron un acordo para impulsar a actuación, que ascende a preto de 300.000 euros que serán financiados integramente pola Deputación a través do Plan Extra e do Plan +Provincia.

O proxecto abrangue unha zona da parroquia de Moscoso de gran valor patrimonial, na que se sitúa o Campo da Feira, a antiga Praza do Mercado, rehabilitada recentemente, e un lavadoiro público. Nesta contorna vaise eliminar un sentido de circulación de vehículos para favorecer o tránsito peonil e dar un tratamento axeitado ao lugar. Ademais, recuperarase o Campo da Feira como zona verde e conservaranse os camiños da auga tanto polas súas calidades funcionais como polo seu valor etnográfico. Para conseguilo, pavimentarase a zona con pedra, formigón e céspede e dotarase de novo mobiliario urbano, vexetación e sinalización, así como reporanse os servizos afectados pola execución das obras.

A colaboración da Deputación co Concello de Pazos de Borbén non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial preto de 1,1 millóns de euros a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Publicacións Relacionadas