Home Deputacións Deputación Pontevedra O ORAL informa aos concellos da provincia dos efectos da sentenza sobre...

O ORAL informa aos concellos da provincia dos efectos da sentenza sobre a plusvalía aconsellando, a curto prazo, non modificar os coeficientes

- Anuncio -

O deputado Carlos Font destaca nunha xuntanza na que estiveron 21 dos 26 concellos delegantes a rapidez na resposta e a transparencia do órgano da Deputación

O ORAL porá en marcha un simulador online para que as persoas contribuíntes calculen a liquidación cos dous métodos opcionais e poidan elixir a máis vantaxosa

A xuntanza telemática urxente convocada polo ORAL da Deputación de Pontevedra para informar sobre os efectos do novo marco legal do imposto da Plusvalía aos 26 concellos que delegaron a súa xestión no órgano provincial contou coa presencia de máis dunha trintena de técnicos e responsables municipais de 21 concellos. O acto foi presentado polo deputado de Economía e Facenda, Carlos Font, quen destacou a rapidez do ORAL para dar resposta ás dúbidas abertas pola sentenza do Tribunal Constitucional e a subsecuente aprobación do Real Decreto Lei 26/2021 “que fan que nos movamos nun relativo grado de incerteza”.

Font insistiu na aposta da Deputación pola transparencia e o esforzo do persoal do ORAL por elaborar unha información detallada, concello a concello, que permitirá tomar as decisións máis adecuadas dende o punto de vista da seguridade xurídica e a defensa dos intereses locais. Na xuntanza participaron tamén a directora do ORAL, Inmaculada Viñas, e boa parte do persoal directivo.

O ORAL informou polo miúdo aos 21 concellos presentes de tódolos efectos derivados da nova regulación do imposto e envioulles un dossier individualizado aos 26 que teñen delegada a recadación deste tributo. Da análise dos datos, estímase que, cando menos a curto prazo, non se aconsella modificar os coeficientes municipais para o cálculo da liquidación nos concellos nos que o ORAL xestiona o imposto, toda vez que as simulacións derivadas da nova fórmula de cálculo non albiscan unha caída na recadación estimada. Ademais, durante a sesión analizouse o estado actual das liquidacións pendentes, é dicir as que estaban en trámite antes da sentenza do Tribunal Constitucional, así como os escenarios que resultan das diferentes interpretacións xurídicas.

O ORAL aproveitou a xuntanza para recalcar a obriga das persoas contribuíntes de seguir declarando este imposto, aclarando as dúbidas xeradas pola sobreinformación e todo tipo de interpretacións da resolución xudicial. Para facilitar esta obriga, o ORAL mantén no seu portal web un modelo de declaración específico para a Plusvalía, así como todo tipo de información tanto sobre a sentenza como a nova lei. Ademais, estase a traballar na posta en marcha dun simulador fiscal, cara finais de mes ou principios de decembro, que permitirá calcular as liquidacións en función das dúas opcións que ofrece a nova lei, é dicir en base ao modelo de cálculo por estimación obxectiva ou na diferencia real entre o valor de compra e o de venda.

As liquidacións polo imposto de Plusvalía supuxeron, no ano 2020, un valor total de 2,7 millóns de euros nos 26 concellos delegantes e representaron case o 18% do volume total de liquidacións de ingreso directo xeradas polo ORAL para os concellos durante ese exercicio fiscal.

O Órgano de Recadación da Deputación atende de xeito presencial, telefónico e telemático a case medio millón de persoas de 54 concellos dende os seus 23 centros de atención repartidos polo territorio provincial, nos que se ocupa non só da recadación municipal, senón tamén de servizos complementarios como a xestión catastral, así como o asesoramento técnico para a elaboración de ordenanzas municipais e trámites económico-administrativos.

Relacionadas

O Museo de Pontevedra inaugura con ‘A pel do Museo’ un ciclo de diálogos...

0
Rafa Domínguez: “Iniciativas como “A pel do Museo”, enmarcada no programa que acaba de nacer “Infiltracións”, vainos permitir elevar o Museo a un nivel...

Luis López destaca investimentos da Deputación por preto de dous millóns de euros para...

0
O presidente provincial celebra o “municipalismo” que comparten ambas as institucións para cooperar en proxectos transformadores como as humanizacións de núcleos, a mellora da...

Digna Rivas: “Ampliamos o prazo de exposición pública do PXOM ata o máximo que...

0
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, rexeita as críticas do PP nas que o grupo da oposición demanda a ampliación do prazo de alegacións...

Luis López amosa o interese da Deputación polo sector conserveiro e o medio mariño...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou no tradicional acto anual de entrega de medallas de Anfaco-Cecopesca, que tivo lugar esta mañá...

O programa Covelo Cóidate e o SERGAS colaboran para a prevención e a detección...

0
O Concello de Covelo convida a participar na charla sobre prevención e detección precoz do virus do papiloma e autoexploración e cribado de mamá...

Éxito dos obradoiros “Cultiva a Mente” do Concello de Covelo en colaboración con AFAGA

0
A Asociación  de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia e o Concello de Covelo colaboran para ofrecer clases gratuítas que...

Publicacións Relacionadas