• O PP de Pontevedra defenderá unha moción para esixir información certeira sobre o proceso de homologación dos trens e da formación dos maquinistas, medidas de compensación #ante un novo agravio e saber o número de unidades asignadas á conexión Madrid-Galicia
• Domínguez: “Os Reis Magos trouxéronlle carbón a Óscar Puente despois de mentir a todos os galegos sobre a chegada dos trens Avril, coa promesa dunhas datas que sabía que non ían poder cumprir”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, mostrou o seu hartazgo #ante o “profundo menosprezo” do Goberno de Pedro Sánchez cos galegos e pontevedreses ao atrasar, de novo, a chegada dos trens Avril ás cidades do eixo atlántico.
O PP presentará unha moción, que levará ao próximo pleno ordinario de marzo, para lograr o respaldo das outras dúas formacións da corporación municipal para esixir ao Executivo central “información certeira sobre o proceso de homologación dos trens e da formación dos maquinistas, que permita fixar unha data de inicio dos servizos; medidas de compensación #ante este novo agravio, como se fixo con outras comunidades autónomas; e saber o número de unidades que se prevé asignar á conexión Madrid-Galicia, advertindo de que son necesarias sete unidades e seis servizos diarios para conseguir a competitividade en liña”.
O 5 de xaneiro será lembrado, polo líder dos populares na cidade, polas “declaracións bochornosas” do ministro Óscar Puente, á súa chegada cos Reis Magos a Vigo desde Madrid, para declarar aos medios de comunicación que os prometidos trens Avril circularían por Galicia a finais deste mes e que os primeiros billetes poderíanse comprar o 1 de marzo.
“Os Reis Magos trouxéronlle carbón a Óscar Puente despois de mentir a todos os galegos sobre a chegada dos trens Avril, cunhas datas que sabía que non ían poder cumprir”, ironizou antes de reclamar a súa “`posta en funcionamento inmediata, co obxectivo de mellorar os tempos de conexión co resto da Península Ibérica e incrementar o número de prazas dispoñibles e de frecuencias”.
As consecuencias, a curto prazo, desta nova “mentira” do PSOE, á que alude Domínguez, será o dano que provocará no sector turístico ligado á Semana Santa porque “haberá xente que non veña ao non haber trens de alta velocidade e supoñerá un prexuízo para o turismo de Pontevedra”.
O líder da oposición lamentou que, da man de Pedro Sánchez, “Galicia e Pontevedra estean a ser marxinadas” por uns dirixentes do Goberno máis preocupados por “tapar as vergoñas dos casos de corrupción dos socialistas” e en “pagar favores aos independentistas coa amnistía”.
A proposición do PP esixirá a “chegada inmediata dos trens Avril” a Pontevedra e tamén a mellora dos problemas diarios nos servizos rexionais e de media distancia de Renfe: trens suprimidos durante a pandemia, escaseza de prazas, atrasos sen xustificación e xestión nefasta das reclamacións.

