Home Deputacións Deputación Pontevedra Emilia Pardo Bazán regresa ao seu "Pazo do Recordo" convertida en protagonista...

Emilia Pardo Bazán regresa ao seu “Pazo do Recordo” convertida en protagonista da visita teatralizada organizada pola Deputación en Liñares

- Anuncio -

A presidenta, Carmela Silva, define á escritora coruñesa como “unha muller feminista, rebelde e poderosa, que tocou case tódalas actividades do ser humano nun tempo difícil”

A representación foi guionizada e interpretada pola compañía Fantoches Baj

Unha peza teatral, programada pola Deputación con motivo dos actos cos que está a conmemorar o centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, trouxo de volta á escritora coruñesa ao seu “Pazo do Recordo”, o Pazo lalinense de Liñares. A visita teatralizada celebrouse con aforo reducido, por mor da pandemia, e coa presencia da presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do alcalde, Xosé Crespo. Silva presentou esta peza, a medio camiño entre o teatro e a promoción turística, definindo a Pardo Bazán como “unha muller feminista, rebelde e poderosa, co talento necesario para tocar tódalas actividades do ser humano nun tempo no que todo era moi difícil”.

A representación comezou ao mediodía, tras a benvida de Carmela Silva, e tivo unha hora de duración. Entre o público estaban tamén a deputada de Cultura, Victoria Alonso, e a concelleira de Cultura, Begoña Blanco. Estivo a cargo da compañía Fantoches Baj, responsable tamén do guión, coa actriz Larraitz Urruzola no papel de Pardo Bazán e de Inacio Variño interpretando a Amalio Taboada, fillo da familia propietaria do Pazo e íntimo amigo da escritora coruñesa.

Carmela Silva enxalzou o importante papel que o Pazo de Liñares tivo para configurar a obra de Emilia Pardo Bazán, pois neste lugar naceron moitas páxinas da súa obra máis coñecida: “Los Pazos de Ulloa”. Liñares era, daquela, un auténtico foco de cultura ao redor da polígrafa coruñesa. “Era obrigado que tamén houbera actividades neste lugar marabilloso”, engadiu Silva en referencia á programación que a Deputación está a levar a cabo na provincia por este centenario. Ademais destacou que, día a día, prográmanse máis actos no Pazo de Liñares: “Estamos devolvéndolle a vida”, concluíu.

A visita teatralizada foi concibida como un recurso distinto para dar a coñecer a importancia dun dos pazos máis fermosos de Galicia tanto pola súa historia, como pola súa arquitectura, incluíndo a heráldica e os xardíns. A obra mestura explicación destes aspectos coa vida cotián da familia Taboada e dos visitantes que por alí pasaban. A peza arranca na morte do propietario, Carlos Taboada e coa visita de Emilia para expresar o seu pésame, moi especialmente ao fillo, Amalio. As personaxes de Emilia e Amalio amosan ao público o Pazo ao tempo que rememoran lembranzas, anécdotas e recreacións dalgúns dos seus contos. A peza teatral achega tamén unha pequena escena con títeres baseada nun texto de Pardo Bazán. A “trama” comeza no exterior, e céntrase en boa parte no “salón grande” do segundo andar, ademais do paso polo xardín. As estancias de Emilia Pardo Bazán en Liñares son ben coñecidas e a que se recrea na peza teatral dátase en 1908. A autora, que gardaba un estreito vínculo coa familia Taboada, escribiu: “En Liñares, o culto ao pasado é tan reverente, que eu, na miña xeografía novelesca, chamei a esta casa, á vez tan hospitalaria, tan patriarcal e tan distinguida, ‘Pazo do Recordo”.

O programa de actos da Deputación polo centenario de Emilia Pardo Bazán comezou esta semana coa inauguración dunha exposición itinerante no Museo MARCO de Vigo e a presentación do libro do xornalista Ceferino de Blas “Emilia Pardo Bazán en el País de las Rías”. Ademais presentouse a camelia Emilia Pardo Bazán no “Xardín con nome de Muller” do Castelo de Soutomaior, un dos puntos máis destacados da Ruta da Camelia. A Deputación, xunto con Taller Aberto tamén está a preparar un prego didáctico para visibilizar a figura da autora coruñesa entre o alumnado de Primaria para realizar distintas actividades sobre a súa biografía e fragmentos das súas obras. O material distribuirase a partir do próximo mes de setembro.

O Pazo de Liñares data do século XVII e débese a Álvaro Núñez de Taboada. Estivo habitado ata o século XX e cobrou fama como epicentro de actividade cultural gracias a Emilia Pardo Bazán. No 2002 o Concello de Lalín adquiriu o Pazo e posteriormente foi declarado pola Consellería de Cultura Ben de Interese Cultural. Na actualidade acolle o Centro de Xestión e Coñecemento Arqueolóxico da Cultura dos Castros da Deputación de Pontevedra e funciona como espazo sociocultural acollendo con frecuencia actividades programadas pola Deputación.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas