Home Pontevedra Caldas Esgotadas as prazas para a charla que organizan este sábado Deputación e...

Esgotadas as prazas para a charla que organizan este sábado Deputación e CSIC no xacemento de Castrolandín en Cuntis

- Anuncio -

A gran demanda para asistir a este evento, de aforo limitado, obrigou a desdobrar a actividade cunha segunda quenda desta conferencia co arqueólogo Carlos Otero

A charla aberta á cidadanía e in situ no xacemento de Castrolandín en Cuntis que a Deputación de Pontevedra e o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) organizan este sábado 17 de abril ten levantado unha gran expectación, ata o punto de que se esgotaron todas as prazas dispoñibles e a gran demanda suscitada obrigou a desdobrar a actividade en dúas quendas, que terán lugar ás 12 e ás 13 horas con 15 persoas asistentes en cada unha delas. A actividade estará conducida polo arqueólogo Carlos Otero e versará sobre “As persoas habitantes de Castrolandín”.

Esta charla enmárcase no convenio que desenvolven a institución provincial e o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para a investigación e posta en valor como recurso turístico dos distintos xacementos arqueolóxicos da provincia. Dentro das actividades que engloba este convenio, figuran precisamente traballos arqueolóxicos no citado xacemento de Castrolandín que están a ser dirixidos por Carlos Otero e que arrancaron esta semana. O arqueólogo é colaborador do Incipit (Instituto de Ciencias do Patrimonio) e conta cunha ampla experiencia na dirección de importantes actuacións en xacementos na provincia, entre elas a última escavación que se realizara en Castrolandín. Amais é investigador e ten realizado publicacións en revistas científicas sobre arqueoloxía en Galicia e Guinea Ecuatorial.

En concreto, en Castrolandín o experto está a dirixir na actualidade pequenas sondaxes valorativas para a caracterización da estratigrafía en diversas localizacións, para a avaliación do potencial dos seus diferentes sectores en función dos resultados das tarefas realizadas. As actividades inclúen a documentación do espazo e un área dun quilómetro cadrado ao redor de cada unha dos sitios analizados, mediante unha combinación de imaxe visible e multiespectral de alta resolución tomada con sensores a bordo de drones. E abordarase a prospección superficial e xeofísica (magnetometría) do interior das zonas estudadas e da contorna para a identificación de posibles elementos enterrados.

Os traballos inclúen así mesmo a caracterización detallada da morfoloxía dos sitios e a súa contorna mediante levantamento topográfico de alta resolución (escaneo 3D e/o fotogrametría) no xacemento. Estas actividades en Cuntis terán a súa continuidade proximamente nos xacementos de Montaz e e Bendoiro.

A través do convenio co CSIC, a Deputación desenvolverá outras actividades como un curso sobre Fluorescencia de Raios X destinado a profesionais do sector que se desenvolverá no Pazo de Liñares no mes de maio. Así mesmo, dentro da Semana Internacional da Arqueología celebrarase o día de 28 de xullo unha xornada de portas abertas no Centro de Xestión Arqueolóxica de Liñares, onde ademais de coñecer o laboratorio e os procesos de traballo que alí se realizan, as persoas visitantes poderán ver os materiais investigados.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Publicacións Relacionadas