HomeDeputaciónsDeputación PontevedraEtiqueta Negra converterá a Pontevedra no punto de encontro do gourmet galego...

Etiqueta Negra converterá a Pontevedra no punto de encontro do gourmet galego do 8 ao 10 de novembro no Recinto Feiral

- Anuncio -spot_img

É posíbel consultar a información a través da páxina oficial https://etiquetanegragourmet.com/

O Concello de Pontevedra presentou esta mañá no Teatro Principal a novena edición de Etiqueta Negra que reunirá a todos os protagonistas do sector gastronómico gourmet –profesionais, produtores e consumidores– no Recinto Feiral de Pontevedra o sábado 8, domingo 9 e luns 10 de novembro, e que volverá situar a Pontevedra como epicentro do gourmet galego.

A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, salientou que “a feira do gourmet máis importante de Galicia non só busca destacar o produto de grande calidade co que contamos, senón a cantidade de investimento en innovación, formación e creación de negocios e industrias dun sector que non deixa de crecer. Proba disto é que Galicia é hoxe unha das 5 comunidades autónomas con maior peso agroalimentario de toda España, e Pontevedra convértese con Etiqueta Negra no escaparate do mellor produto gourmet galego (https://www.caixabankresearch.com/ sites/default/files/content/file/2025/09/25/91184/is-agro-2025-cast_web_0.pdf). A alimentación e a produción de bebidas representan xa unha boa parte da industria galega e máis de 40.000 empregos directos e indirectos, polo que en Pontevedra estamos a dar pulo a un sector que sabemos que é estratéxico e que non fará máis ca medrar de aquí aos vindeiros anos”. (https:// www.galiciapress.es/articulo/economia/2024-07-10/4924958-galicia-cuenta-casi-43000- trabajadores-sector-alimentacion-bebidas-8-total-espana)

A concelleira lembrou que “o lema deste ano, Compartindo o noso, non podía ser máis acertado nunha cidade onde apostamos por promover a produción e a creación local, pero queremos ser un punto de cohesión de Galicia. Proba disto son, ademais do querido Etiqueta Negra, as moitas actividades relacionadas coa gastronomía e mesmo vencelladas ao Camiño Portugués que estamos a desenvolver no Mercado de Abastos”.

Fíxoo nun acto ao que asistiu acompañada polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, quen tamén se amosou orgulloso da calidade dos produtos expostos nesta novena edición, e por representantes dos distintos sectores presentes na feira: os produtores (como Trasdeza Nutur, El Nogal, Avigal), a hostalaría (con Icewolf ou Cafetería Central); os chefs (con Iñaki Bretal, do restaurante O Eirado da Leña); o comercio e as tendas especializadas (como é Juncal Alimentación e El Vergel); e o ámbito da formación co CIFP Carlos Oroza. No acto celebrado no Teatro Principal participaron tamén Javier Tourís, deputado responsable da Estación Fitopatolóxica do Areeiro da Deputación de Pontevedra, e Pedro López, Trade Marketing Horeca Galicia de Hijos de Rivera, en representación dalgúns dos principais patrocinadores da feira.

O Anfiteatro 1906 volverá ser o espazo central da creatividade gastronómica en Etiqueta Negra 2025, reunindo ao longo das tres xornadas a profesionais de referencia da cociña galega. O sábado 8 abrirá o programa o chef pontevedrés Iñaki Bretal (O Eirado da Leña, Estrela Michelín), cunha proposta centrada na excelencia dos produtos da provincia, nunha actividade promovida por Turismo Rías Baixas.

O domingo 9 será a quenda de Lucía Freitas (A Tafona, Estrela Michelín), que presentará o proxecto Amas da Terra, unha iniciativa que reivindica o papel das mulleres na gastronomía galega, e tamén dos chefs gañadores de Pontedetapas 2024, que amosarán as súas creacións premiadas nunha sesión patrocinada polo Concello de Pontevedra.

O luns 10, o protagonismo recaerá no CIFP Carlos Oroza, que presentará o showcooking “Locavore: do noso campo, da nosa ría, da nosa casa”. O alumnado e profesorado do centro amosarán elaboracións que combinan tradición, produto local e creatividade, representando o espírito da feira e a conexión entre formación e futuro profesional do sector.

O programa completarase con demostracións doutros cociñeiros galegos, como Borja Piñeiro e Elia Pereira (Restaurante Lado), Alberto Lareo (Maina) e Inés Cameselle (Casa Ces), e co broche final de “PAPRICA by Cervezas 1906”, con Álvaro Villasante e Fátima Otero. Ademais, a feira contará con actividades na Zona de Catas e no Espazo Etiqueta, degustacións da Tetería TéAreeiro e accións da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), centradas na promoción do produto artesán galego. O evento manterá o seu carácter profesional e formativo, con encontros entre empresas e distribuidores, e coa participación de máis de 1.000 estudantes de FP de toda Galicia, que visitarán a feira o luns. Da provincia pontevedresa son 21 os expositores confirmados, dous da Boa Vila.

Publicacións Relacionadas