Home Deputacións Deputación A Coruña Fronte común das Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra para esixir a...

Fronte común das Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra para esixir a Feijóo maior apoio á hostalería e comercio “tras nove meses de esforzo do mundo local sen ter recursos nin competencias”

- Anuncio -

As tres deputacións reclaman ao presidente galego que elimine ou bonifique, tal e como pide o sector, os canon de lixo, auga e electricidade e o tramo autonómico do IRPF
Denuncian a falta de liderado e a deslealdade institucional de Feijoo, que nunca deu resposta ás reiteradas peticións das deputacións para traballar e planificar axudas de forma conxunta
As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra acordaron hoxe esixir ao presidente da Xunta de Galicia un maior apoio aos sectores máis afectados polos efectos da pandemia da Covid-19, coma a hostalaría e o comercio local, tras case un ano no que as administracións locais levan facendo un esforzo importante neste eido, a pesar de carecer de recursos e competencias.
Nunha videoconferencia na que participaron os presidentes e a presidenta das tres institucións provinciais, Valentín González Formoso, José Tomé e Carmela Silva, subliñaron que todas as deputacións e a maioría de concellos puxeron xa en marcha liñas de axudas para apoiar ao sectores produtivos mais afectados pola pandemia. A pesar de tratarse dunha competencia autonómica, o mundo municipal demostrou unha vez máis ser o máis cercano á cidadanía dando unha resposta moito antes que a Xunta de Galicia, que chega un ano tarde.
Cómpre lembrar que estas axudas municipais e provinciais a sectores coma a hostalaría ou o pequeno comercio fixéronse con recursos propios, sen o apoio económico da Xunta, a pesar de tratarse dunha competencia autonómica e de que a Xunta de Galicia recibiu máis de 200 millóns de euros do Goberno de España para pór en marcha programas destas características.
As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra esixen ademais que a Xunta incremente o seu apoio a sectores coma o da hostalaría ou o pequeno comercio implantando bonificacións fiscais nos impostos de carácter autonómico que carga a estes sectores coma a o canon de tratamento de lixo de Sogama, o canon de augas ou o tramo autonómico de IRPF. As tres deputacións entenden que as entidades locais fixeron un importante esforzo bonificando ou suprimindo temporalmente taxas e impostos, mentres que a Xunta mantén a súa presión fiscal aos sectores máis afectados.
Valentín González, José Tomé e Carmela Silva coincidiron tamén en subliñar “a falta de respecto e lealdade institucional” da administración autonómica na forma en que se deu a coñecer o fondo de cooperación, sen pactalo previamente coas entidades locais, que xa teñen en marcha os seus propios plans para paliar os efectos económicos da pandemia. A cogobernanza que Feijoo pide ao Goberno de España non a aplica en Galicia.
Asemesmo, os titulares dos gobernos provinciais da Coruña, Lugo e a de Pontevedra dirixíronse desde o inicio da pandemia e en reiteradas ocasións ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, para solicitarlle que coordine as accións de apoio aos sectores máis afectados pola pandemia. Unha solicitude que o presidente da Xunta ignorou e que agora pretende impor sen falar sequera coas administracións locais.
As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra entenden que a Xunta debe asumir as súas competencias. Ten recursos para facelo e a colaboración do Goberno de España, que transferiu millóns de euros para apoiar ás autonomías na reactivación social e económica

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas