HomeDeputaciónsDeputación OurenseInauguración do novo albergue de peregrinos de Oseira

Inauguración do novo albergue de peregrinos de Oseira

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu esta mañá á inauguración do novo albergue de peregrinos do mosteiro de Santa María a Real de Oseira, en San Cristovo de Cea. A Xunta de Galicia investiu neste proxecto un millón de euros, abarcando esta nova infraestrutura e a rehabilitación do vello albergue do mosteiro.

Na súa intervención, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, puxo esta obra como exemplo da aposta do goberno autonómico polo patrimonio e o Camiño de Santiago. O prior de Oseira, Enrique Trigueros, valorou a importancia desta nova dotación para atender aos peregrinos na mesma liña que o alcalde de Cea, José Luis Valladares, que tamén lembrou o convenio asinado en febreiro coa Deputación de Ourense e a familia Liste para a reapertura do museo etnográfico Olimpio Liste.

Publicacións Relacionadas