Home O Condado As Neves Iria Vázquez e o alumnado do IES Pazo da Mercé das Neves...

Iria Vázquez e o alumnado do IES Pazo da Mercé das Neves súmase ao programa “Violencia Zero” para “cambiar de forma” e rachar estereotipos sexistas

- Anuncio -

O programa da Deputación levou á Casa da Cultura das Neves unha performance na que a rapazada actuou, bailou, creou vestiarios e colgou unha peculiar pancarta

A artista Iria Vázquez e 40 rapazas e rapaces de 3º da ESO do IES Pazo da Mercé levaron á Casa da Xuventude das Neves a performance “Permíteme cambiar de forma”. Con esta acción animaron a rachar cos estereotipos que impón a sociedade e a buscar a liberdade. Fixérono coa colaboración de Marco Maril, músico e artista de son. Desta acción, enmarcada no programa da Deputación “Violencia Zero”, desfrutaron preto de 60 persoas entre as que se atopaban a deputada de Cultura e Igualdade, Victoria Alonso; o alcalde das Neves Xosé Manuel Rodríguez; as concelleiras de Cultura e Igualdade do municipio; e alumnado do centro educativo.

A posta en escena xurdiu a raíz dun obradoiro celebrado esta semana no que a artista e a rapazada reflexionaron sobre os estereotipos e os roles sociais que implican o uso de determinadas prendas de vestir. En ocasións, estes contextos dan lugar a desigualdades de xénero e por este motivo Iria Vázquez quixo afondar na importancia da sororidade. No obradoiro, a artista tamén fixo unha aproximación ao mundo da performance e incidiu no seu carácter reivindicativo e na importancia do contacto co público, dous termos que aplicaron a posteriori na súa intervención.

Coa acción levada a cabo na Casa da Xuventude o grupo de alumnas e alumnos animou ao resto da mocidade a festexar as diferencias en busca do fomento da tolerancia e a igualdade. Esta nova peza do “Violencia Zero” comezou con 9 das rapazas e rapaces en escena, os seus corpos estaban no chan e Iria Vázquez tirou sobre eles teas que os bloqueaban. Pouco a pouco foron levantándose, mais estas teas pesábanlles como lousas que foron rompendo ata cambiar o seu vestiario por completo. Empregaron entón roupas realizadas polo resto da rapazada que participou no obradoiro, nelas primaban a mestura de cores e as posicións desiguais coas que fixeron un chamamento a prol de romper os límites que impón a sociedade. Unha vez xa liberadas/os dos estereotipos sociais fixeron un chamamento ao público, que se subiu ao escenario para bailar ceibe. Para finalizar a performance escribiron o seu título, “Permíteme cambiar de forma”, sobre uns panos e colgaron esta “pancarta” no exterior da Casa da Xuventude.

Tras as actuacións en Pontevedra, Vigo, Moraña, Silleda, Meaño, Forcarei, Agolada, A Lama, Oia, Moaña e Caldas de Reis esta foi a décimo segunda acción da VII edición de “Violencia Zero” coa que a Deputación continúa a expandir a loita feminista noutros 19 concellos da provincia baixo o lema “Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven. Móvete con elas contra a violencia machista!”. Así, este ano o programa continuará visibilizando o talento das mulleres con propostas musicais, de teatro, danza, poesía, performance e outras iniciativas artístico-culturais en A Guarda, Fornelos, Redondela, Salceda, Tui, Meis, Baiona, A Cañiza, Covelo, Barro, Rodeiro, Cambados e Vilaboa.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Publicacións Relacionadas