Home Deputacións Deputación Pontevedra Isabel Couselo lembra ao Concello de Gondomar que o actual goberno provincial...

Isabel Couselo lembra ao Concello de Gondomar que o actual goberno provincial rescatou o proxecto das Donas da “parálise na que o tivo o PSdeG durante 8 anos”

- Anuncio -

A deputada Isabel Couselo asegura que foi o actual goberno provincial quen en pouco máis dun ano tivo que axilizar toda a tramitación deste proxecto herdado do anterior goberno que estaba sen rematar e non incluía o saneamento. “A día de hoxe estamos pendentes de recibir algún permiso sectorial. En canto chegue, como facemos con todas as actuacións en estradas provinciais, sentarémonos co Concello para avanzar no borrador do convenio”

“O alcalde tivo tempo de sobra, nos oito anos de goberno do PSdeG na Deputación para facer realidade a senda peonil no acceso a Donas. Non entendemos como se esta actuación era tan urxente para Gondomar non houbo movemento ata o 2023”, asegurou Couselo

A Deputación de Pontevedra “traballou sen descanso” para facer realidade a mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-2103 de acceso a Donas, en Gondomar, entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+876. Así o asegurou a deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, quen afirmou que foi o actual goberno provincial quen en pouco máis dun ano tivo que axilizar toda a tramitación deste proxecto herdado do anterior goberno que estaba sen rematar e non incluía o saneamento.

“En ningún momento paralizamos este proxecto” explicou a deputada provincial quen detallou que o proxecto foi iniciado no ano 2023 e “cando chegamos á Deputación estaba sen rematar”. Neste eido, o actual goberno provincial, na súa liña municipalista, decidiu darlle impulso e avanzar na tramitación ata o punto de que en xuño do 2024 estaba entregado e visado e tamén solicitadas as autorizacións e permisos sectoriais quedando, nestes momentos, algúns pendentes de recibir. “Non podemos avanzar máis porque precisamente estamos agardando estes permisos pero, en canto cheguen, como facemos con todas as actuacións nas estradas provinciais, sentarémonos co Concello de Gondomar para avanzar no borrador do convenio”, informou Couselo.

“O alcalde tivo tempo de sobra, nos oito anos de goberno do PSdeG na Deputación para facer realidade a senda peonil no acceso a Donas”, reivindicou a deputada provincial. “Non entendemos como se esta actuación era tan urxente para Gondomar non houbo movemento ata o 2023”, incidiu. Tamén remarcou que descoñece “os termos do acordo que pechou o alcalde de Gondomar co anterior goberno provincial, en canto ao saneamento, xa que o que agora é unha prioridade non figura no proxecto que iniciaron o que pon de manifesto ou que agora cambiaron as necesidades, ou que o anterior goberno da Deputación non atendeu nin escoitou as demandas do goberno local”. Neste mesmo eido, Couselo informou que non se contempla no proxecto “o que vai acontecer cos primeiros 50 metros da vía, que se sitúan no termo municipal de Nigrán, que quedou sen definir tamén e descoñecemos se os vai asumir Gondomar ou se Gondomar ten algún acordo con Nigrán para avanzar nesta actuación”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas