HomeVigoBaionaLuis López anima a estreitar os lazos que unen a cidadanía española...

Luis López anima a estreitar os lazos que unen a cidadanía española e americana na conmemoración do Día da Hispanidade en Baiona

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, xunto ao alcalde e deputado provincial Jesús Vázquez Almuíña, sinala a cultura como a maior riqueza compartida entre a comunidade hispanomericana

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, celebra en Baiona o Día da Hispanidade nun acto celebrado ao pé do monumento do Encontro entre Dous Mundos no que participou tamén o alcalde e deputado provincial, Jesús Vázquez Almuíña e a cónsul xeral de Arxentina en Vigo, Silvana Isabel. Unha conmemoración que serviu para render homenaxe ao artista Carlos Gardel polo noventa aniversario do seu pasamento. Unha cita que conmemora a chegada da expedición de Cristóbal Colón a América e pola que o mandatario provincial quixo poñer o foco nos lazos que unen ás persoas hispanoamericanas.

“Nesta era que nos toca vivir, onde por desgraza moitas veces o foco está posto sobre aquilo que nos divide e nos diferencia en lugar de situalo sobre o que nos une e nos iguala, cómpre lembrar que a partir desta histórica data, a humanidade comeza a atopar na mestura de acentos, no comercio exterior e no intercambio de culturas unha nova forma de entender o mundo. Un mundo, e nesta terra sabémolo ben, no que ás veces un pode sentirse anfitrión e outras visitante, pero nunca forastero”, declarou o presidente provincial, quen citou á Rosalía de Castro e Carlos Gardel para lembrar que a morriña, a solidariedade e a cultura son aspectos compartidos pola veciñanza de Galicia e América. “A morriña é a mesma para un pontevedrés emigrado en México que para un arxentino que vive na Rúa Bos Aires de calquera concello desta provincia; cando o pan escasea nunha casa, o veciño sempre ten aberta a súa porta, aínda que haxa que cruzar un océano; e que a nosa maior riqueza é a nosa cultura, unha cultura que construímos xuntos ao longo de máis de medio milenio de irmandade”, enumerou López.

O mandatario provincial pechou a súa primeira intervención como presidente da Deputación de Pontevedra na celebración do Día da Hispanidade en Baiona, vila á que arribou a Carabela Pinta coa nova da chegada a América, convidando a estreitar aínda máis os lazos entre España, Galicia e América. “Temos por diante moitos anos máis para seguir sendo exemplo de concordia e entendemento entre nacións, para seguir sendo referencia de solidariedade e amizade entre iguais e para seguir presumindo con orgullo da irmandade entre España e América”, concluíu Luis López.

Publicacións Relacionadas