HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López anuncia a aprobación das bases das axudas da Deputación á...

Luis López anuncia a aprobación das bases das axudas da Deputación á realización de actividades culturais, dotadas de 300.000 euros

- Anuncio -spot_img

As achegas, dun máximo de 2.500 euros por entidade sen fins de lucro, permitirán poñer en marcha actividades de posta en valor do patrimonio inmaterial da provincia tanto no territorio propio como no exterior

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, deu conta da aprobación en Xunta de Goberno das bases das subvencións para que entidades sen fins de lucro da provincia poidan realizar actividades culturais, cun orzamento total de 300.000 euros. O presidente lembrou que o compromiso da Deputación coa cultura, “algo que materializamos con recursos concretos, con iniciativas e programas que están a permitir que esta provincia avance, como nunca antes fixera, neste ámbito”.

Estas axudas divídense en dúas liñas, e as entidades poderán recibir achegas de ata 2.500 euros ou un máximo do 75% do orzamento das actividades. Así, actívase por unha banda unha liña dotada de 250.000 euros para a posta en valor do patrimonio inmaterial da nosa provincia, como costumes, tradicións, etnografía, crenzas e mitos; para certames e as actividades de posta en valor da pintura, da escultura, da arquitectura e da banda deseñada; festivais, mostras, encontros e certames culturais, e festivais ou actividades de relevancia para os intereses provinciais de promoción da cultura e as tradicións da provincia fóra da comunidade autónoma de Galicia.

E, pola outra, unha segunda liña, dotada con 50.000 euros, para a participación en festivais, certames ou concursos nacionais e internacionais, ou para intercambios culturais que potencien o patrimonio musical e cultural da provincia de Pontevedra, pero que teñan lugar fóra da comunidade autónoma de Galicia.

Publicacións Relacionadas