Home O Morrazo Cangas Luis López anuncia a aprobación de 1,3 millóns de euros para que...

Luis López anuncia a aprobación de 1,3 millóns de euros para que Cangas mellore a mobilidade peonil na EP-1002 A Magdalena-Aldán

- Anuncio -

O proxecto, financiado ao 80% pola Deputación, permitirá “executar unha obra moi demandada polos veciños da zona que nós comprometemos e concretamos coa máxima implicación”, segundo o presidente provincial

A Deputación de Pontevedra avanza na posta en marcha das obras para mellorar a mobilidade peonil na EP-1002 A Magdalena Aldán, en Cangas, coa aprobación do convenio de colaboración co Concello. O proxecto ten un orzamento de 1,3 millóns de euros, dos que a Deputación aporta o 80% (algo máis dun millón de euros) e o Concello o 20% restante, preto de 300.000 €.

Este convenio permitirá executar “unha obra moi demandada polos veciños da zona que nós comprometemos e concretamos coa máxima implicación”, segundo explicou o presidente provincial, Luis López, que lembrou que xa informou o pasado mes de xuño persoalmente á alcaldesa, Araceli Gestido, a remisión do convenio ao Concello “para dar o paso que estamos dando hoxe”.

Grazas a este proxecto melloraranse as condicións de seguridade e mobilidade para peóns e vehículos nun tramo de 850 metros desta estrada mediante a construción dunha senda peonil, a implantación de zonas de convivencia onde non é posible acabar ese largo mínimo e a mellora de varios servizos afectados pola execución das obras. “Seguimos así avanzando na transformación das estradas provinciais desta provincia para alongar a súa vida e garantir a seguridade”, asegurou López.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas