Son 81.000 € da liña 1, que permitirán organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal e de alto nivel, e 37.000 € da liña 2, para competicións oficiais doutros ámbitos territoriais e eventos deportivos
“As axudas, que ascenden no conxunto da provincia aos 500.000 euros, están dotadas este ano de 200.000 euros máis que en 2024, proba de que o noso compromiso co deporte non só se sustenta en palabras, tamén en feitos”, asegurou o presidente provincial
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou o reparto de preto de 120.000 euros entre clubs e federacións deportivas para que organicen preto de 40 competicións e eventos deportivos en oito concellos da contorna do Salnés e Arousa. O obxectivo da institución provincial con estas axudas é a promoción da práctica deportiva en Pontevedra a través dunha programación que axude a impulsar o desenvolvemento social, mellorar a calidade de vida, crear emprego e fomentar o crecemento sustentable do territorio e da súa sociedade. Ademais, con elas búscase implicar a todos axentes sociais, económicos e institucionais da provincia de Pontevedra para obter unha perspectiva ampla, multidisciplinar e plural. “As axudas, que ascenden no conxunto da provincia aos 500.000 euros, están dotadas este ano de 200.000 euros máis que en 2024, proba de que o noso compromiso co deporte non só se sustenta en palabras, tamén en feitos”, asegurou o presidente provincial.
En concreto, trátanse de dúas liñas de subvencións que permitirán subvencionar gastos federativos, de viaxe, de organización, publicitarios, sanitarios e de material e premios. Desta maneira, na contorna do Salnés e Arousa a primeira das liñas reparte 81.000 euros entre sete clubs e federacións deportivas de catro concellos, para organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal ou internacional, é dicir, campionatos ou copas de España ou do Mundo, e competicións deportivas oficiais de alto nivel. No Grove O Grove Racket Club (tenis) recibe 19.477 €; en Ribadumia o Club Náutico O Muíño (piragüismo) 3.404 €; en Sanxenxo o Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo (tenis) 12.532 €, a Federación Española de Salvamento y Socorrismo Madrid MCU (salvamento e socorrismo) 11.800 € e Federación Galega de Actividades Subacuáticas (pesca submarina) 6.426 €, e en Vilagarcía a Asociación Deportiva Arousa Fútbol-7 (fútbol) contará con 23.381 € e o Motoclub VFM (motociclismo) con 4.471 €.
Por outra banda, a segunda das liñas reparte 37.000 entre 37 entidades deportivas de oito concellos para organizar competicións deportivas oficiais e non oficias de todos os ámbitos territoriais non incluídas na liña 1 de eventos deportivos. En Cambados o Club Ajedrez Albariño (xadrez) contará con 1.285 €; no Grove o Club Baloncesto O Meco (baloncesto) con 469 €, o Club de Remo Mecos do Grove (remo) con 1.344 € e o Club Marítimo, Deportivo e Cultural Breogán (piragüismo), con 474 €; na Illa de Arousa o Club Céltiga (fútbol) con 863 €; en Meis o Club Deportivo Mosteiro (fútbol) con 528 €; en Ribadumia o Club Deportivo Ribadumia (fútbol) con 2.295 € e o Desguaces Tino Racing (rallie) con 2.295 €; en Sanxenxo o Club de Pesca Maragota (pesca) con 895 €, o Club Serendipia (deporte autóctono) con 551 €, o Congostra Team Sanxenxo (automobilismo) con 2.295 €, a Escuela de Fútbol Sport 2017 SD (fútbol) con 629 €, a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (salvamento e socorrismo) con 524 €, o Motoclub Amigos de la Moto de Sanxenxo (motociclismo) con 2.295 €, o Portonovo Sociedade Deportiva (fútbol) con 777 €, a Real Federación Gallega de Fútbol (fútbol) con 619 €, o SPSCO Watersports (paddle surf) con 711 €, o Viajes Interrías Fútbol Feminino (fútbol) con 2.295 € e o Villalonga F.C. con 2.295 €.
Ademais, ao abeiro da liña 2 en Vilagarcía a Agrupación Deportiva Cortegada Carril (baloncesto) recibirá 2.118 €, a Asociación Deportiva-Cultural Vilagarcía Esgrima (esgrima) 740 €, o Club Arosa Sociedad Cultural (fútbol) 2.295 €, o Club Baloncesto Vilagarcía (baloncesto) 2.295 €, o Club Ciclista Xiabre (ciclismo) 402 €, o Club de Rugby Los Ingleses (rugby) 755 €, o Club de Tenis El Rial (tenis, padel e pickeball) 1.147 €, o Club Piragüismo Vilagarcía (piragüismo) 872 € e o Club San Martín de Vilaxoán (fútbol) 2.295 €; en Vilanova a Asociación Deportiva Vilanova (fútbol) recibirá 1.113 € e a S.D.P. Arnelas (fútbol) 513 €, e en Valga o Cordeiro Club de Fútbol (fútbol) 769 €.

