Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia un investimento de 730.000 € na mellora da estrada...

Luis López anuncia un investimento de 730.000 € na mellora da estrada provincial EP-4001 en Ponteareas, entre o Instituto Pedra da Auga e a parroquia da Fontenla

0
2

O presidente da Deputación detallou que a actuación abrangue un tramo de 900 metros onde se dará prioridade ao tránsito peonil, crearán zonas de convivencia, instalarán medidas de calmado de tráfico e renovará a iluminación e os servizos públicos

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente para contratar as obras de mellora da estrada provincial EP-4001 en Ponteareas, entre o Instituto Pedra da Auga e a parroquia da Fontenla, por valor de 730.000 €. Esta actuación, tal e como explicou o presidente provincial Luis López, enmárcase no Plan de Sustentabilidade Turística no Destino Condado-Paradanta “Unha terra entre ríos”, financiado polos fondos NextGenerationEU.

Segundo informou o presidente da Deputación, Luis López, a actuación a desenvolver nesta estrada provincial EP-4001 ao seu paso pola capital do Condado abrangue un treito de 900 metros que, a pesar de ter consideración de estrada rural, atópase nunha contorna fortemente urbanizada e con edificacións nas marxes.

Ao detalle, as obras de mellora na estrada provincial EP-4001 permitirán dar prioridade ao tránsito peonil, con máis marxe para as beirarrúas e zonas de convivencia. Tamén se implantarán pasos de peóns sobreelevados e outras medidas de calmado de tráfico e se renovará a iluminación e outros servizos públicos básicos.