Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia un investimento de preto de medio millón de euros...

Luis López anuncia un investimento de preto de medio millón de euros para a humanización da Rúa B na súa primeira visita a Rodeiro como presidente da Deputación de Pontevedra

- Anuncio -

O presidente provincial participou este xoves nun encontro institucional no Concello no que foi alcalde durante dez anos para asinar un convenio de colaboración, enmarcado no programa PON2030, co rexedor José Luis Camiñas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, realizou este xoves por primeira vez unha visita institucional ao Concello de Rodeiro, no que foi alcalde entre os anos 2011 e 2021, como mandatario provincial para asinar un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) co rexedor actual, José Luis Camiñas. Un protocolo a través do cal o goberno provincial financiará con máis de 425.000 euros, o 90 % do orzamento, os traballos para a humanización da Rúa B ubicada en San Vicente de Rodeiro. O Concello, pola súa banda, achega o 10 % restante, máis de 47.000 euros. “A sinatura deste convenio vai reportar un importante investimento no centro urbano de Rodeiro, na que coñecemos como a rúa do colexio“, afirmou o mandatario provincial despois de asinar o protocolo.

A obra, valorada nun total de 473.000 euros, servirá para executar unha mellora urbana integral da Rúa B deste núcleo de poboación do Concello de Rodeiro. Un proxecto de humanización para un espazo moi transitado pola veciñanza, que conta cun centro educativo e no que é necesario mellorar a imaxe e os servizos da rúa. En concreto, a obra contempla a creación dunha rúa de sentido único, desde a PO-533 ata o cruce coa Rúa A e a Estrada A Raña; a ampliación do espazo dedicado aos peóns con beirarrúas máis amplas dotadas con mobiliario urbano, aparcamento para bicicletas e máis arborado, a adopción de medidas para o calmado do tráfico e renovación da sinalización, a iluminación e a canalización de augas pluviais, así como o soterramento das liñas eléctricas e de telecomunicacións.

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Rodeiro realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

Un acordo entre a Deputación e o Concello de Rodeiro que sirve para avanzar na mellora dos servizos á veciñanza a través da cooperación institucional que promove o goberno provincial cos 61 concellos da provincia. “Vimos de aprobar os orzamentos máis municipalistas. De cada 3 euros, un vai directamente para os concellos. É unha aposta importante para darlle liquidez aos concellos e que en base a esa autonomía local que defendemos, escollan os investimentos porque, aínda que neste caso eu si coñezo as de Rodeiro, ninguén mellor que os rexedores para atender as necesidades dos concellos. Por iso a colaboración da Deputación será algo do que non se pode dubidar”, explicou López.

O presidente quixo tamén aproveitar a súa primeira visita institucional á que foi a súa casa durante unha década para remarcar que “os proxectos que se van executar en Rodeiro da man da Deputación van ser moitos. Esta é so a primeira de moitas visitas. Seguiremos sumando para que todos vaiamos a máis”, rematou.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas