HomeA ParadantaA CañizaLuis López asina co alcalde da Cañiza, Luis Piña, o convenio para...

Luis López asina co alcalde da Cañiza, Luis Piña, o convenio para investir máis de 1,2 millóns de euros na humanización da rúa Antonio Facorro

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial salienta o compromiso da Deputación para cooperar cos concellos na execución de proxectos estratéxicos que modernizan e recuperan o espazo urbano para as persoas

A colaboración prevista para este ano do organismo provincial co Concello da Cañiza a través dos plans de Cooperación é de máis de 1,4 millóns de euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de asinar o convenio de colaboración co alcalde da Cañiza, Luis Piña, para o financiamento do proxecto de humanización da rúa Antonio Facorro desde a estrada provincial EP-5003 á N-120. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Piña selaron un acordo para impulsar a actuación, que ascende a máis de 1,2 millóns de euros que serán financiados pola Deputación de Pontevedra, con máis de 977.000 euros procedentes do Plan Extra (700.000 euros) e do +Provincia (máis de 277.000 euros), e polo Concello da Cañiza, con máis 277.000 euros.

O proxecto contempla transformar a vía nun espazo máis accesible, inclusivo e funcional, priorizando a mobilidade peonil e a sostibilidade nunha zona que conecta puntos clave da localidade como a Praza Maior, o parque central e o mercado municipal. A actuación permitirá crear unha plataforma única cun carril de tráfico; ampliar as beirarrúas para facilitar o tránsito peonil; renovar o pavimento; modernizar as redes de abastecemento, saneamento e telecomunicacións; soterrar as liñas de baixa tensión; mellorar o alumeado público con luminarias LED, máis eficientes; e incorporar arborado, zonas axardinadas e mobiliario urbano. Tamén se dotará a este espazo de pasos de peóns elevados e nova sinalización horizontal e vertical.

A colaboración da Deputación de Pontevedra co Concello da Cañiza non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial máis de 1,4  millóns de euros a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Publicacións Relacionadas