HomeO SalnésA Illa de ArousaLuis López asina co alcalde da Illa de Arousa, Luis Arosa, o...

Luis López asina co alcalde da Illa de Arousa, Luis Arosa, o convenio para investir 500.000€ na transformación e posta en valor do núcleo urbano da localidade

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial salienta o compromiso da Deputación para cooperar cos concellos na execución dos proxectos estratéxicos que modernizan o espazo urbano

A colaboración prevista para este ano do organismo provincial co Concello da Illa de Arousa a través dos plans de Cooperación é de máis de 1,1 millóns de euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de asinar o convenio de colaboración co alcalde da Illa de Arousa, Luis Arosa, para o financiamento da transformación e posta en valor das rúas Marqués de Bradomín, Naval e Alcalde Manuel de Graña. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Arosa selaron un acordo para impulsar a actuación, que ascende a case 500.000 euros e será financiada ao 100% pola Deputación, con 424.500 euros do Plan Extra e outros 75.000 do +Provincia.

Este proxecto vai continuar coa transformación realizada no paseo Naval da Illa de Arousa, tamén financiada con recursos provinciais. En liñas xerais, a actuación permitirá enlazar desde o sur, na rúa Marqués de Bradomín, continuando pola rúa Manuel C. de Graña, ata conectarse de forma accesible co Naval. Ademais das actuacións de retirada de elementos e preparación do terreo, está previsto pavimentar a zona, renovar tubaxes e a rede de saneamento, instalar novas luminarias, soterrar liñas aéreas de baixa tensión, instalar nova sinalización horizontal e vertical e, entre outras cuestións, dotar á contorna de espazos verdes, árbores e novo mobiliario urbano.  

A colaboración da Deputación co Concello da Illa de Arousa non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial máis de 1,1 millóns de euros a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Publicacións Relacionadas