HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López asina co alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, o...

Luis López asina co alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, o convenio polo que a Deputación achega 280.000€ para urbanizar a praza pública

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial salienta o compromiso da Deputación para cooperar cos concellos na execución de proxectos estratéxicos que modernizan o espazo urbano

A colaboración prevista para este ano do organismo provincial co Concello de Fornelos a través dos plans de Cooperación é de preto de 840.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar o convenio de colaboración co alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, para a urbanización da praza pública do núcleo urbano deste concello. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Lage selaron un acordo a través do cal o organismo provincial achega máis de 280.000€ a un proxecto valorado en 331.500€. Unha nova mostra do compromiso do goberno provincial para cooperar cos concellos na execución de proxectos que transforman e modernizan o espazo público.

O obxecto das obras pasa pola urbanización da praza pública do Concello para súa valorización con parámetros de innovación, sustentabilidade e accesibilidade. A praza é un espazo baleiro que alberga no seu interior un parque infantil cuberto. Dispón de dous accesos, dende a PO-250 e dende a Rúa das Escolas e ten unha superficie de 1.800 metros cadrados. Coa execución das obras cubriranse necesidades como a mellora do pavimento, da accesibilidade e da iluminación mediante tecnoloxía LED, así como a renovación das instalacións eléctricas, de telecomunicacións e de abastecemento de auga.

A colaboración da Deputación co Concello de Fornelos non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial preto de 840.000€ a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Publicacións Relacionadas