HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López asina co alcalde de Meaño, Carlos Vieitez, o convenio para...

Luis López asina co alcalde de Meaño, Carlos Vieitez, o convenio para construír unha senda peonil que abrirá Dena ao mar cun investimento de case 1M€

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial salienta a achega de 700.000 euros por parte da Deputación para colaborar na execución dun proxecto que afonda na estratexia provincial de mellora da seguridade viaria e fomento da mobilidade peonil

A colaboración prevista para este ano do organismo provincial co Concello de Ribadumia a través dos plans de Cooperación como o +Provincia e o PEID ascende a 1,34M€

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar o convenio de colaboración co alcalde de Meaño, Carlos Vieitez, para a mellora da mobilidade peonil desde Ponte Dena ata o bordo costeiro. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Vieitez selaron un acordo a través do cal o organismo provincial achega 700.000 euros a un proxecto valorado en preto dun millón de euros. “Trátase da axuda máxima que podía obter o Concello para executar un proxecto moi demandado pola veciñanza e que, da man da Deputación e en base a un proxecto moi ben formulado polo Concello, vai ser unha realidade”, afirmou o presidente Luis López.

O proxecto contempla a reforma da mobilidade entre o núcleo urbano de Ponte Dena e a costa, para que dispoña dunha alta seguridade peonil e a garantía de acceso amable para a poboación. As accións que se levarán a cabo son a reordenación de espazos coa creación dunha nova senda peonil dun ancho mínimo de 2,50m e zonas de convivencia onde non sexa posible, a reordenación do tráfico rodado e a incorporación de elementos de calmado do tráfico. Así mesmo, prevese a instalación de nova sinalización vertical e horizontal adaptada á nova ordenación do ámbito, renovación da rede de alumeado con luminarias LED e novo  mobiliario, como bancos, fontes, aparcabicicletas e arborado

A colaboración da Deputación co Concello de Meaño non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial máis de 1,38 millóns de euros a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Publicacións Relacionadas