HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López asina coa alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro, o convenio para...

Luis López asina coa alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro, o convenio para a humanización da rúa das Dúas Igrexas, valorada en máis de 600.000 euros

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación salienta que a achega provincial de 500.000€ a través da combinación dos recursos do Plan Extra e o +Provincia que permite financiar a maior parte do orzamento dun proxecto que transformará a mobilidade no centro do concello

A colaboración do organismo provincial co Concello de Forcarei a través dos plans de cooperación deste ano cífrase en case 1,2 millóns de euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar o convenio de colaboración coa alcaldesa de Forcarei e deputada provincial, Belén Cachafeiro, para a humanización da rúa das Dúas Igrexas. Un acordo asinado no marco da primeira convocatoria do Plan Extra, o plan de investimentos do goberno provincial que mobilizou 38 millóns de euros para financiar as propostas presentadas polos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No marco dunha visita institucional ao Concello de Forcarei, López e Cachafeiro selaron un acordo a través do cal o organismo provincial achega 500.000 euros, 394.000€ con cargo ao Plan Extra e 106.000€ con recursos do +Provincia, para financiar unha obra cuxo orzamento completa o goberno local cunha aportación de doutros 106.000€. “Apoiamos aos pequenos e medianos concellos, un de cada tres euros da Deputación van para os concellos”, salientou o mandatario provincial.

O proxecto ten como obxectivo a humanización e mellora peonil do ámbito da rúa das Dúas Igrexas nun treito de 425 metros, onde se creará un espazo público máis amable e que fomente a interacción social. As obras previstas contemplan unha nova pavimentación das beirarrúas e unha nova capa de rodaxe para implantar unha plataforma única e un espazo polivalente. Así mesmo, aproveitarase a actuación para mellorar servizos soterrados como a rede de pluviais, de abastecemento e saneamento e tamén o alumeado público. “A alcaldesa artellou un proxecto que vai traer melloras moi importantes, tamén das que non se ven”, salientou o presidente provincial poñendo en valor a mellora subterránea das canalizacións.

Neste sentido, o presidente provincial lembrou que a Deputación ten en marcha xa novas liñas de financiamento para o vindeiro ano da que se poderán beneficiar concellos de menos de 50.000 habitantes, como o de Forcarei, como son o Plan Extra e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, proximamente aprobarase unha nova convocatoria do +Provincia.

Con respecto ao presente ano 2025, a colaboración da Deputación co Concello de Forcarei non se cinguiu unicamente ao Plan Extra. O Concello recibiu de mans do organismo provincial máis de 1,17 millóns de euros a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. “Forcarei recibe a maior cantidade de cartos da súa historia, nunca a Deputacion apoiou tanto aos concellos pequenos e ao rural”, agradeceu a rexedora Belén Cachafeiro.

Publicacións Relacionadas