HomePontevedraBaixo MiñoLuis López asina coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, o convenio para...

Luis López asina coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, o convenio para financiar, por 915.000€, o 100 % da rehabilitación do auditorio municipal

- Anuncio -spot_img

A colaboración prevista para este ano da Deputación con este concello do Baixo Miño a través dos plans de Cooperación +Provincia, PEID e Plan Extra ascende a 1,36M€

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou este martes o convenio de colaboración coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, para o financiamento do proxecto de rehabilitación enerxética e reforma interior do auditorio municipal. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Fernández selaron un acordo a través do cal a Deputación achega o 100 % do orzamento, que ascende a 914.863€, dos que 700.000€ achéganse a través do devandito Plan Extra e os 214.800€ para cubrir a parte do Concello a través dos fondos do +Provincia.

O edificio obxecto do proxecto está destinado a  tres usos: auditorio, museo, escola de música e conservatorio, así como unha terceira planta de espazo multiusos. A intervención busca corrixir os problemas de filtracións e mellorar a accesibilidade ao edificio, o confort térmico, a distribución dos espazos para atender á crecente demanda polo recoñecemento do conservatorio como centro profesional de música. Así, as obras a realizar divídense en tres áreas: a mellora do envolvente exterior para corrixir humidades e optimizar o confort térmico, a mellora da accesibilidade ás diferentes zonas e a reorganización interna da escola de música para mellorar a súa funcionalidade.

A colaboración da Deputación co Concello do Rosal non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial un total de 1,36M€ a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Publicacións Relacionadas