O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no Palacio Municipal Ifema de Madrid. A carreira ciclista máis importante do país e unha das tres máis grandes do mundo deu a coñecer este xoves o seu percorrido para o vindeiro verán, un trazado no que a provincia de Pontevedra volve ter protagonismo.
O paso do pelotón pola provincia de Pontevedra por segundo ano consecutivo demostra a aposta do goberno provincial por acoller eventos deportivos de repercusión global como parte da estratexia para construír un destino turístico ligado ao deporte, sustentable e deslocalizado. “No 2025 seguiremos sendo a provincia do deporte”, asegura o presidente da Deputación, Luis López