O presidente da Deputación de Pontevedra vén de asistir á conferencia inaugural dun evento no que se abordan temas estratéxicos para a administración local
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participa en Palma de Mallorca na sexta edición da Conferencia de Presidencias de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares. Unha xornada na que o mandatario provincial asistiu á unha conferencia inaugural sobre o pasado, presente e futuro dos gobernos locais intermedios a cargo do catedrático en dereito administrativo da Universidade de Barcelona, Alfredo Galán; e o doutor e catedrático en dereito Tomás Font.
Un evento que se está a celebrar desde este xoves no Palacio de Congresos de Palma de Mallorca promovido pola Fundación Democracia e Goberno Local en colaboración coa FEMP, onde esta tarde tivo lugar a cerimonia inaugural a cargo coa intervención do presidente do Consell de Mallorca, Llorenç Galmés; a presidenta da Fundación Democracia e Goberno Local, Lluisa Moret; e a presidenta da FEMP e alcaldesa de Jerez de la Frontera.
Neste encontro entre representantes de gobernos provinciais, o titular da Deputación de Pontevedra está a estreitar lazos de colaboración entre outras administracións do país, así como abordar de forma conxunta os asuntos de interese mutuo para as administracións locais.