Home Tabeirós A Estrada Luis López avanza o apoio da Deputación á construción dunha infraestrutura polideportiva...

Luis López avanza o apoio da Deputación á construción dunha infraestrutura polideportiva na Estrada valorada en dous millóns de euros

- Anuncio -

O presidente provincial asinou un convenio de colaboración, enmarcado no programa PON2030, co alcalde Jose López que reafirma a aposta estratéxica polo deporte

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu no seu despacho do Pazo Provincial ao alcalde da Estrada, Jose López, para asinar un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará cun millón de euros, o 50 % do orzamento, os traballos para a construción dun módulo polideportivo cuberto para a práctica do atletismo e modalidades de loita. O Concello, pola súa banda, achega o 50 % restante, outro millón de euros. Este acordo supón un novo exemplo de colaboración entre o executivo provincial e, neste caso, o Concello da Estrada que reafirma a aposta polo deporte como unha área estratéxica da acción do goberno da Deputación.

A obra, valorada nun total de dous millóns de euros, servirá para reforzar a área deportiva do municipio da Estrada coa construción dunha nova infraestrutura polideportiva da que a provincia carecía. Trátase da edificación dun módulo de tres plantas: semisótano, entreplanta e planta baixa; que albergará un recinto para a práctica de deportes de combate como a loita, judo, taekwondo ou karate, así como un ximnasio no andar máis baixo. Os vestiarios, cuartos de baños e instalacións eléctricas estarán no segundo nivel. Mentres que na planta baixa instalarase a pista de atletismo cuberta así como un almacén con diverso material deportivo. Esta construción servirá para conectar as novas pistas de atletismo ao aire libre coa piscina da Axencia Galega de Seguridade Pública. Un proxecto millonario que consolida ao Concello de A Estrada como referencia provincial en canto a instalacións deportivas e que abre á porta á organización de competicións internacionais ou a acollida de concentracións preparatorias de deportistas profesionais no municipio.

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Meis realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

Un acordo entre a Deputación e o Concello da Estrada que, como recolle o Orzamento provincial do próximo ano cun incremento dun 19 %, ata os 5,5 millóns da partida destinada a Deporte e o xa aprobado Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas dotado con 4 millóns, confirma o carácter estratéxico desta área de goberno. Ademais supón un novo exemplo de municipalismo ao colaborar co Concello para executar unha obra que transforma e potencia a rede de instalacións deportivas no interior da provincia.

Relacionadas

A Deputación organiza este luns unha xornada sobre a Lei de protección de persoas...

0
A xornada, que será inaugurada pola deputada provincial María Ramallo, está dirixida a membros de corporacións locais, secretarios e interventores da Administración Local, funcionarios...

O Concello de Redondela organiza obradoiros no Espazo Redondela Xove nas vacacións de Nadal

0
-Este Nadal organízanse por primeira vez actividades específicas para a rapazada de 13 anos en diante. Os obradoiros realizaranse no novo Espazo Redondela Xove,...

O programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas

0
Os obradoiros do programa de asesoramento tecnolóxico terán lugar os días 13 e 14 de decembro e estarán centrados en márketing social, contido efémero...

O Concello de Redondela organiza unha charla informativa sobre o Testamento Vital

0
O testamentos vitais, ou documento de vontades anticipades, é un escrito no que unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a...

O concello de Baiona acorda asinar un convenio con SOGAMA para a xestión de...

0
A Lei europea obriga ás administracións a planificación e xestión de residuos orgánicos e a Xunta de Galiza segue incidindo, dende fai máis de...

A hostalaría de Covelo aposta polo cocido galego de produción local

0
O “Cocido de Covelo” será un cocido feito na casa con produtos de proximidade e carne de vaca 100% local criada nos montes e...

Publicacións Relacionadas