Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López celebra a aposta de Meaño pola reciclaxe dos restos orgánicos...

Luis López celebra a aposta de Meaño pola reciclaxe dos restos orgánicos cun investimento entre Deputación e Concello de 350.000 euros

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Pontevedra realizou este mércores a súa primeira visita institucional ao Concello de Meaño para asinar, co alcalde Carlos Viéitez, un convenio de colaboración enmarcado no programa PON2030

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, asinaron este mércores un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con máis de 300.000 euros, o 85 % do orzamento, o proxecto para a adquisición dun camión para a recollida conxunta e separada por compartimentos do lixo dos contedores verdes e marrón. Colectores que tamén serán instalados nas parroquias deste municipio ao abeiro deste plan. O Concello, pola súa banda, achega o 15 % do total (50.000 euros). “Paréceme un acerto maiúsculo optar por este proxecto e quero felicitarvos por apostar por esta liña, a de xestión de residuos”, valorou o mandatario provincial despois da sinatura deste acordo na que foi a súa primeira visita institucional a Meaño.

O proxecto, valorado en máis de 350.000 euros, servirá para dotar ao Concello de Meaño dun camión biocompartimentado para a recollida dos residuos orgánicos dos contedores marróns e tamén da fracción non separada nun depósito instalado no mesmo vehículo, que conta con dous compartimentos separados para cada fracción. Logo, eses restos orgánicos serán trasladados á recentemente inaugurada planta de compostaxe de Baión, en Vilanova de Arousa, o que servirá tamén para aforrar custes. De xeito paralelo, o proxecto contempla tamén a instalación de contedores marróns nas parroquias máis poboadas do municipio, Dena e Meaño; mentres que nas demais promoverase a compostaxe doméstica. “Estades a facer unha aposta clara polo contedor marrón, o que supón un paso adiante nesta misión que temos que afrontar”, agradeceu López.

Segundo recolle o convenio, o plan deberá estar executado antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Meaño realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

Nesta primeira visita institucional de Luis López a Meaño, o presidente da Deputación avanzou que este Concello será beneficiario do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas aprobado polo goberno provincial. Neste sentido, recordou o responsable deste organismo supramunicipal que “somos municipalistas convencidos”, polo que reafirmou o compromiso da Deputación para “darvos as ferramentas e recursos para que invistades nos proxectos que consideredes oportunos”, asegurou López recordando o Plan +Provincia, que porá a disposición dos Concellos o próximo ano 48,2 millóns de euros, a cifra máis alta da historia destes plans provinciais.

Relacionadas

0
Raigame alcanza a súa 21ª edición situándose como “un dos tesouros etnográficos de Ourense”, tal e como a define o presidente provincial, Luis Menor Vilanova...

Máis de 200 deportistas de toda España e Portugal disputarán a cuarta edición da...

0
Este evento deportivo, que conta co apoio da Deputación a través do Inorde e da Axencia de Turismo de Galicia, disputarase este domingo, 12...

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

Publicacións Relacionadas