Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López celebra o éxito das actividades da Deputación organizadas polo Nadal...

Luis López celebra o éxito das actividades da Deputación organizadas polo Nadal no Castelo de Soutomaior

- Anuncio -

Participaron máis de 700 persoas nas visitas teatralizadas, 120 nenos e nenas nos contacontos e o xogo de escapismo tivo unha moi alta ocupación

En total, preto de 3.200 persoas visitaron o Castelo de Soutomaior nos mes de decembro e 1.000 ao de Sobroso, chegando a un total de 55.000 visitantes algo longo do 2024 entre ambos espazos provinciais

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, celebrou hoxe o éxito das actividades programadas no Castelo de Soutomaior polo Nadal. Unhas actividades “pensadas para que toda a familia puidera desfrutar dun espazo único e cunha iluminación festiva moi especial”, como lembrou López, e que demostran que os castelos “son dos elementos de atracción máis importantes da provincia”.

Desta maneira, o presidente provincial detallou que as visitas teatralizadas foron, un ano máis, “unha das actividades estrela, que esgotaron absolutamente todas as prazas par asistir en todas as quendas” o que se traduciu nunha asistencia de 720 persoas nos 24 pases programados. Ademais, os contacontos “Un ratiño na cidade” e “Unha carta para os Reis Magos”, tamén completaron as súas prazas, o que suma outras 120 persoas que se achegaron ao Castelo de Soutomaior para vivir a maxia do Nadal. Por outra banda, Luis López mostrouse “moi satisfeito” co resultado do xogo de escapismo, que aínda está en marcha e rematará coas últimas quendas previstas esta fin de semana, para as que están xa esgotadas as entradas. Desta maneira, o escape room no que se recreou o asalto ao Castelo do século XV tivo tamén unha moi alta ocupación.

Estas cifras únense ás preto de 3.200 persoas que visitaron o Castelo de Soutomaior en decembro, das que unhas 2.000 acudiron aos xardíns para desfrutar da iluminación e do espectáculo de videomapping proxectado na Torre da Homenaxe, e ás preto de 1.000 persoas que se achegaron neste mes a descubrir as marabillas do Castelo de Sobroso. En total, entre ambos castelos recibiron a preto de 55.000 visitantes ao longo de todo o ano 2024.

O presidente provincial lembrou que estes son “só os datos que podemos medir a través da compra de entradas, polo que están excluídos os datos das persoas que só visitaron os xardíns; isto é, que en realidade son moitas visitantes máis”. O gran éxito de ambos espazos históricos leva a Deputación a seguir “dando pasos para convertelos en bastións dun turismo de calidade e desestacionalizado, con propostas, entre outras, como a posta en marcha das visitas tetralizadas en Sobroso, que comezarán este mesmo ano”.

Relacionadas

O BNG da Estrada mantén un encontro do sector da mazá do concello

0
Xoán Reices: “Este sector axuda a manter vivo o noso rural e neste sentido na nosa organización cremos que debemos dar apoio e botar...

Comeza a construción da pista multidisciplinar e do auditorio ao aire libre en Figueirido

0
O Concello de Vilaboa inviste no parque do Canaval 264.166 euros para crear en seis meses unha gran área de ocio e esparcemento para...

A Biblioteca Municipal superou os 18 mil préstamos en 2024, un 25% máis que...

0
A Biblioteca Municipal de Tui prestou ao longo do ano 2024 18.279 libros, o que supón un incremento do 25% con respecto 14.536 que...

Bueu acolle este domingo a regata IX Memorial Pepe O Ruso

0
• O campionato arrancará ás 11.30 horas dende o peirao co récord de participación de 36 embarcacións • Por categorías, haberá 10 barcos na feminina,...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo ten na cidade...

A Xunta adxudica por máis de 2 M€ a construción dunha nova estación depuradora...

0
— Ángeles Vázquez explica que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o...

Publicacións Relacionadas