Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López cita a Vía Mariana e o éxito das producións filmadas...

Luis López cita a Vía Mariana e o éxito das producións filmadas na provincia como proba das posibilidades infinitas do destino turístico Rías Baixas

- Anuncio -

O presidente provincial divulga en Fitur, en encontros con representantes nacionais e internacionais do sector turístico, os variados atractivos que consolidan á provincia como un destino sustentable, desestacionalizado e descentralizado

“Quen queira saber como será o turismo do futuro, que non espere máis, que o comprobe agora nas Rías Baixas: O interior é o que converte ás Rías Baixas nun destino total”, adianta o dirixente na Casa de Galicia a presentación da campaña provincial

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, divulga ante representantes do sector turístico de distintos territorios de España e outros países no marco da Feira Internacional de Turismo que se está celebrando en Madrid atractivos do destino turístico Rías Baixas como a Vía Mariana ou as posibilidades da provincia para consolidarse como escenario para rodaxes de obras audiovisuais. Así mesmo, o mandatario provincial, acompañado por outros membros do goberno da Deputación, participou na Casa de Galicia no acto de presentación do produto turístico da Mancomunidade do Salnés para presentar as liñas mestras da campaña de promoción da provincia e asistiu, no Stand de Turismo de Galicia, á presentación de campañas doutros organismos, coma a da Xunta “Galicia, Tierra Acogedora”.

Xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro; e o responsable de Cultura, Jorge Cubela; o presidente Luis López presentou un dos grandes atractivos turísticos do interior da provincia: a Vía Mariana. Unha vía de peregrinación que atravesa trece concellos da provincia nun itinerario de máis de 400 quilómetros que une santuarios marianos e comeza en Braga, en Portugal; para rematar en Muxía, na provincia da Coruña. “É un dos máis grandes atractivos turísticos que ofrece a provincia de Pontevedra. Un itinerario que consolida un modelo de turismo ligado á natureza, respectuoso co medio ambiente, afastado de masificacións e para completar en calquera época do ano. Unha viaxe extraordinaria ao corazón das Rías Baixas que nos traslada a eses momentos felices da nosa memoria crea un vínculo inquebrantable con esta terra. A Vía Mariana é a ferramenta perfecta para entender as Rías Baixas, para mergullarse na súa tradición, descubrir tesouros naturais e namorarse do seu carácter hospitalario”, definiu Luis López unha proposta que cada ano gaña novos adeptos.

No mesmo sentido pronunciouse a responsable de Turismo, Nava Castro, ao sinalar que “con alternativas tan atractivas como a Vía Mariana, seguimos dando pasos adiante para posicionarnos como un destino de referencia entre os amantes dun turismo verde, familiar, seguro e sustentable. Falamos dunha oportunidade única para potenciar o cariz histórico, natural e patrimonial das diferentes zonas rurais polas que transcorre o itinerario”. Pola súa banda, o deputado Jorge Cubela, titular da área de Cultura, referiuse á Vía Mariana como un “proxecto turístico, pero tamén cultural, relixioso, económico e social para impulsar o noso territorio, para compartir con todo o mundo a súa beleza natural e cultural, para dinamizar a nosa economía y, con iso, mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

Encontros con representantes do sector turístico

Antes da presentación desta ruta de peregrinación, o presidente da Deputación asistiu no stand de Turismo de Galicia á presentación das campañas, “Galicia, Tierra Acogedora”, da Xunta; “De la información al éxito: optimiza tus decisiones hosteleras”, do Cluster de Turismo de Galicia. Así mesmo, deu a coñecer as liñas mestras da campaña de promoción turística do Destino Rías Baixas, que leva por título “Cando Volves”, nunha entrevista en directo no programa “Gente Viajera” da emisora Onda Cero.

Acompañado polo presidente da Spain Film Commission, Manuel Guimeráns, o presidente Luis López e  outros membros do seu goberno achegáronse ata o stand de Fitur Screen, onde Rías Baixas Film Comission —órgano dependente de Turismo Rías Baixas— conta cun mostrador permanente para amosar as “posibilidades infinitas” que ofrece a provincia para acoller producións audiovisuais de éxito.

Esta primeira xornada de actividade da Deputación en Fitur rematou na Casa de Galicia de Madrid coa participación do presidente Luis López na presentación do produto turístico da Mancomunidade do Salnés, “O Salnés Slowbusiness”. Un acto no que o mandatario provincial deu a coñecer as liñas mestras da campaña turística do destino Rías Baixas, que se presentará este xoves no stand de Turismo de Galicia e leva por título “Cando Volves?”.

Na súa intervención, López explicou os motivos polos que “a segunda provincia de España con máis quilómetros de litoral falará do interior, a provincia con máis bandeiras azuis de España non amosará un so cacho de mar ou a provincia máis soleada de Galicia todo o que ensinará é verde”. Unha argumentación que xira arredor dunha idea: “O turismo de hoxe e do futuro rima con natureza, paz mental, excelencia e espazos sustentables. Quen queira saber como será o turismo dentro de quince ou vinte anos, que non espere máis: que o comprobe agora nlas Rías Baixas. Somos o futuro, pero hoxe somos a forza do interior. O interior é o que converte ás Rías Baixas nun destino total. Un destino no que o sol convive coa auga, a praia empeza onde acaba a montaña, as camelias medran próximas á viña e a gastronomía é infinita”, defendeu Luis López, quen emprazou a todos os amantes das Rías Baixas a descubrir, este xoves ás 12.30 horas no stand de Turismo de Galicia en Fitur, a proposta que os animará a volver á provincia de Pontevedra.

Relacionadas

Luis Menor aposta por un turismo “sostible” no acto “Ribeira Sacra, candidatura a Patrimonio...

0
O presidente provincial ratificou o compromiso “inquebrantable e firme” da Deputación para que este territorio compartido polas provincias de Ourense e Lugo alcance a...

A Vía da Prata como experiencia completa para o viaxeiro protagoniza a campaña da...

0
O presidente provincial, #Luis Menor, destacou o impulso da institución ourensá ao itinerario xacobeo máis extenso de Galicia, que transcorre por 28 concellos da...

O concello de Ponteareas presenta en FITUR o cartel da festa do Corpus Christi

0
A festa do Corpus Christi de Ponteareas por fin está no lugar que lle pertence e vimos de presentar o cartel da edición deste...

Nova reunión informativa polo rexeitamento á nova A52 en Mos

0
Nesta ocasión o encontro tivo lugar no Pazo de Mos dirixido ás parroquias de Louredo e Mos. A próxima semana estes encontros informativos serán para...

A 3ª San Silvestre Solidaria recadou 4.365€ a beneficio da Asociación Española contra o...

0
O evento celebrado o pasado 31 de decembro, foi un éxito de participación, con case 1.900 persoas inscritas 1.900 participantes e unha recadación de 4.365...

Luis López e Rafa Domínguez convidan en Fitur, unha feira de alcance mundial, a...

0
O presidente provincial, acompañado polo conselleiro de Cultura, Jose López Campos, salienta no stand de Turismo de Galicia que a recuperación da bienal máis...

Publicacións Relacionadas