HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López comeza a activación dos proxectos do Plan Extra con Vilagarcía,...

Luis López comeza a activación dos proxectos do Plan Extra con Vilagarcía, que recibirá 1,1 M€ para ampliar a piscina do complexo deportivo de Fontecarmoa

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación destacou que o goberno provincial financia o 67% das obras na piscina: 2,1 millóns provinciais dun orzamento total de 3 millóns de euros

Subliña o investimento histórico na terceira cidade da provincia en dous anos de mandato a través dos plans de investimento: “Cada semana desde que chegamos ao goberno Vilagarcía recibe máis de 120.000 € da Deputación”

Salienta os case 3 millóns de euros investidos pola Administración provincial no complexo deportivo: “Desde que se prende a luz ata que se acude a piscina, se encende o videomarcador ou se asiste nas bancadas a un partido, está a pegada da Deputación”

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou este venres un convenio de colaboración co alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, para o financiamento do proxecto de ampliación das piscinas municipais de Fontecarmoa ao abeiro do Plan Extra. Trátase da primeiro acordo asinado no marco deste novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Varela selaron un acordo a través do cal o organismo provincial achega 1,1M€ a un proxecto valorado en máis de 3M€ que xa contaba cunha aportación provincial adicional do PON2030 de 1M€, rubricado por ambos mandatarios en decembro de 2023.

A obra, valorada en máis de tres millóns de euros, servirá para construír un novo edificio que albergará unha nova piscina. O novo inmoble, que será levantado nunha parcela do complexo deportivo de Fontecarmoa, estará conectado co edificio da piscina municipal xa existente a través dunha galería. A nova edificación caracterizarase por contar cunha piscina de 25 metros e seis rúas, nun inmoble de planta baixa con cuberta inclinada a unha auga. No interior, habilitarase unha bancada de 216 localidades e os espazos serán diáfanos e funcionais. O proxecto complétase coa urbanización da zona exterior, na que se crearán novas prazas de aparcamento, mellorarase a accesibilidade coa supresión de barreiras arquitectónicas, dotarase de uniformidade estética dando continuidade aos pavimentos e plantaranse árbores de gran porte para dar sombra ao novo edificio.

A colaboración da Deputación co Concello de Vilagarcía en Fontecarmoa elévase ata os 2,9M€ se se consideran investimentos en todo o conxunto do complexo deportivo, incluíndo, ademais da piscina, o pavillón, o ximnasio e as pistas de atletismo. En concreto, ademais do financiamento da piscina, cabe sinalar os 7.800€ para a instalación de 540 novos asentos do pavillón ao abeiro da primeira edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas (PEID), xunto con outros 600 financiados con cargo a 8.700 € da segunda edición do mesmo plan. Ademais, constan os 164.250€ para a reforma da pista de atletismo, aprobada xa no marco do II PEID; os 58.700€ para dúas novas pantallas LED no pavillón, ao abeiro do Plan +Provincia do 2024; e o acondicionamento interior do pavillón de Fontecarmoa, cunha achega de 425.400€ a través das anualidades 2022-2023 do Plan Concellos.  “Desde que se prende a luz, ata que se acude a piscina, se prende o videomarcador ou se asiste a un partido nas bancadas, está a pegada da Deputación en Fontecarmoa”, resumiu López.

Investimento histórico na terceira cidade da provincia

Por outra, o presidente fixo referencia ao desembolso histórico que realiza a Deputación na terceira cidade da provincia. Deste xeito, tendo en conta achega total a través de plans de investimento municipalistas, López destacou que “cada semana desde que chegamos ao goberno o Concello de Vilagarcía recibe máis de 120.000 da Deputación”.

Publicacións Relacionadas