Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López comproba o remate das obras de mellora enerxética do CEIP...

Luis López comproba o remate das obras de mellora enerxética do CEIP Daría González, nas que a Deputación inviste 1,7 millóns

- Anuncio -

O presidente da Deputación remarcou o compromiso do organismo para mellorar as instalacións e os servizos que se prestan na Cidade Infantil Príncipe Felipe e recordou que xa está en marcha o proceso para transferir a titularidade dos centros educativos á Xunta

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este luns as obras de mellora da eficiencia enerxética que o organismo provincial ten en marcha no CEIP Daría González, ubicado na Cidade Infantil Príncipe Felipe, e nos que inviste 1,7 millóns de euros. Acompañado polo deputado Javier Tourís, López destacou que “para que esta provincia vaia a máis en Educación e en servizos de calidade, é imprescindible a colaboración e tender pontes co resto de administracións e coa comunidade educativa”.

Os traballos atópanse xa na súa recta final e consisten na substitución da cuberta, o reforzo da fachada, o cambio das carpinterías exteriores, a instalación de paneis fotovoltaicos no tellado, a reforma de dous aseos e a reforma doutro cuarto de baño para facelo máis accesible, a reforma dunha sala para adaptala ás necesidades das persoas con diversidade funcional e a substitución do ascensor por outro máis accesible. “O benestar dos nosos menores é algo que na Deputación nos preocupa moito e ese é o motivo da execución dunhas obras tan necesarias para facer que este edificio sexa máis confortable e máis cómodo”, explicou o dirixente provincial.

Durante a visita, na que Luis López deu os parabéns aos mestres e ao conxunto da comunidade educativa do centro polo labor que realizan, o presidente provincial reafirmou o compromiso da Deputación por mellorar os servizos que se prestan nos centros educativos de Príncipe Felipe. Un complexo que está inmerso no proceso para o cambio de titularidade, que pasará de mans da Deputación a ser xestionados pola Xunta, que é a Administración que ten as competencias en Educación. O presidente Luis López e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asinaron hai unhas semanas o protocolo para iniciar os trámites desta transferencia. “É o mellor para potenciar o funcionamento destes centros, a Deputación seguirá colaborando en todo o que estea na súa man para que sigan a ser unha referencia”, declarou López sobre este cambio de titularidade.

Mentres tanto, o ente provincial segue a investir na mellora das instalacións e os servizos da Cidade Infantil Príncipe Felipe con actuacións en marcha por valor de 3,2 millóns de euros. Ademais das obras neste colexio, a Deputación está a executar a substitución da cuberta do edificio Agarimo e do inmoble do almacén xeral do centro por un millón de euros, a substitución das escaleiras de emerxencia da Escola Fogar por 374.000 euros e varias actuacións no campo de fútbol por 190.000 euros.

Relacionadas

A Deputación organiza este luns unha xornada sobre a Lei de protección de persoas...

0
A xornada, que será inaugurada pola deputada provincial María Ramallo, está dirixida a membros de corporacións locais, secretarios e interventores da Administración Local, funcionarios...

O Concello de Redondela organiza obradoiros no Espazo Redondela Xove nas vacacións de Nadal

0
-Este Nadal organízanse por primeira vez actividades específicas para a rapazada de 13 anos en diante. Os obradoiros realizaranse no novo Espazo Redondela Xove,...

O programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas

0
Os obradoiros do programa de asesoramento tecnolóxico terán lugar os días 13 e 14 de decembro e estarán centrados en márketing social, contido efémero...

O Concello de Redondela organiza unha charla informativa sobre o Testamento Vital

0
O testamentos vitais, ou documento de vontades anticipades, é un escrito no que unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a...

O concello de Baiona acorda asinar un convenio con SOGAMA para a xestión de...

0
A Lei europea obriga ás administracións a planificación e xestión de residuos orgánicos e a Xunta de Galiza segue incidindo, dende fai máis de...

A hostalaría de Covelo aposta polo cocido galego de produción local

0
O “Cocido de Covelo” será un cocido feito na casa con produtos de proximidade e carne de vaca 100% local criada nos montes e...

Publicacións Relacionadas